Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Las hijas del César

viernes, 06 de febrero de 2009
Os Reis Magos íanme traguer como agasallo a novela “Las Hijas del César”, pero o autor adiantóuselles. Tróuxome un exemplar asinado, e lino case dun tirón.

Non coñecía este mozo que traballa coma min no Multiusos da Xunta de Galicia, e sorprendérame como a todos a súa irrupción no mundo da literatura cunha novela de ficción histórica. E a sorpresa foi in crescendo a medida que lía esta súa primeira obra.

O plantexamento é perfecto, digno dun profundo coñecedor da nosa historia e da nosa lenda, facendo entrar nela os conflictos de Roma cos bárbaros do norte, as intrigas da política romana e a romanización desta difícil terra do fin do mundo.

Lendo “Las hijas del César”, un sente orgullo do lonxano pasado polo principal papel que Lugo puido xogar naqueles tempos de loita, e avanzando na novela sorpréndese da complexidade da trama, da intelixencia do autor que dosifica intrigas e amores, política e aventura, relixiosidade e vontade de futuro, ansias de vivir nunha terra que tiña tanto que ofrecer, e agarimaba de tal xeito ós seus primitivos habitantes xunto cos romanos invasores que asoman nas páxinas escritas por Pablo Núñez.

Os escenarios -con centro en Lugo- van desde a Roma imperial ás frías terras do norte. Desde as cálidas terras da Bética a Rodax ou Martulk, Brigantium, Meilónd ou ata Iovis, no norte, a terra do deus Xúpiter que hoxe coñecemos como Xove.

Atopo tremendamente madura esta “ópera prima” que arrasa nas vendas por milleiros e ten moita vida por diante. E alegraríame que sobre esta obra se fixese esa posible versión cinematográfica que podería ofrecernos unha perfecta película “de romanos” centrada en Lugo.

Sexa como fose, Pablo Núñez ten entrado con firmísimo paso no grande mundo das letras. Afortunado libro que o levou a ese mundo tan especial.

Todo o que veña despois, estará xustificado por esta primeira e triunfal incursión.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania