Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (13)

martes, 19 de septiembre de 2023
.../...

Deixando outras, por certo que tamén moi gordas, para non acabar coa paciencia do amable lector, ¡antes dicíase así!, relatarei tan só aquela mañá na que saín á eira a por un brazado de estelas para acende-lo lume, e face-la parva. Nisto, que non sei como ollei para a casa de enfronte, e, ¡ouh milagre!, as lousas tornáranse camisas azuis, co couceiro apuntando á nosa! Rodeárona, e nin precisaron petar á porta pois meu padriño, avisado polo neno, saíu para fóra, apoiado na súa caxata, como de costume:

-¡Que salga o desertor, que saia Daniel...! Esixiron con voz tronante, vinte voces infernais.

Daniel era fillo de moza, sobriño de meu avó, que vivía coa nai na casa, partida, dos Gómez.

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (13)Seu pai..., ¡seu pai un cara, un veciño, do mesmo lugar, que se negou a recoñecelo, así que non merece ser recordado! Daniel, espírito culto e avanzado, alumno que fora de meu pai, seu primo, negouse a incorporarse cando os alzados recrutaron a súa quinta:

-"¡O Goberno actual é legal, máis ou menos atinado, pero, legal, xa que foi elixido democraticamente; así que, se a maioría non está conforme, moción de censura, e novas eleccións!". ¿Verdade que razoaba ben?

Aquel día non estaba na casa; nin na casa nin na palleira, que ben se fartaron de cravar galletas na herba, e de pegarlle tiros a miña tía, por tras das súas orellas, para que o fillo dese a cara, e coa cara o peito. Certamente non estaba. Meu padriño, ao ve-lo martirio de súa irmá, alzou de caxata e deulle un garrotazo con ela ao Cabo da Garda Civil, Jesús González, do Corgo, segundo aquel lle daba ao gatillo; ¡outro que estará no inferno, salvo que Deus premie aos malos e castigue aos bos!

A escena de Daniel foi como para levala ao cine, pero dáse o casual de que miña prima, e tamén prima do susodito Daniel, Mercedes Cora (Mercedes Carrodeguas Gómez), que era a que entendía de cine, despois de deixar filmadas once películas, levouna un cáncer de peito, daquela incurables, ou pouco menos. ¡De seguir viva, que ben se lle daría face-lo papel de nosa tía María; eu pediríalle para min o de meu padriño, pois Pasamos das lareiras á cultura globalizada (13)aínda que non coxeo, conservo a súa caxata!

¿Queda alguén que negue, que se atreva a negar, que as lareiras constitúen un herdo importantísimo na nosa cultura, na propia, e por tanto, un patrimonio transcendente?

¿Que xa estamos inmersos niso que chaman cultural global, ou globalizada, contaxiada, mundial; nesta do nudismo, por veces, e outras na dos calzóns caídos, estilo Cantinflas? ¡Certo que o hábito non fai ao monxe, pero tampouco o desfai pois non se chega a monxe sen unha herdanza cultural, do bo e do malo!

O Seminario da vida é, ten que ser, debe ser, ou estaremos retrocedendo, un coador que nos sirva para depura-lo groseiro, de paso que se aproveita o líquido, as boas ensinanzas, a experiencia aquilatada. ¿As débedas tamén se herdan, non si? ¡Pois a principal das nosas é a de recoñecer, agradecer, e asumir, todo aquilo que fixeron de boa fe os nosos entregos en ben da súa descendencia!

Xosé María Gómez Vilabella
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES