De nós depende
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de agosto de 2023
Óese decir ás persoas maiores que lles preocupa o futuro dos seus netos.
É natural que lles preocupe. Sempre foi así.
O que cambian son: as circunstancias.
Aínda que pareza mentira, cada día hai más perigos non só para a xente nova, senón tamén para toda a poboación en xeral.
Os avances da ciencia son moi necesarios; pero tamén teñen os seus límites:
-Cando Nóbel descubriu a pólvora non podía sopeitar as súas consecuencias.
-O descubrimento da intelixencia artificial, tampoco sabemos ata onde pode chegar.
O QUE SI SABEMOS É QUE OS QUE CONSTRUIRON A TORRE DE BABEL PENSARON QUE ALCANZARÍAN O CEO COS PÉS E TODOS SABEMOS O QUE PASOU.
NON PODEMOS CONSTRUIR CASTELOS NO AIRE.
Estamos ante unha encrucillada de adiantos que, a moitos cidadáns de a pé, resúltannos difíciles de dixerir:
-Por eso moitos pais non saben moi ben como actuar á hora de educar ós seus fillos.
-Moitos mestres tampoco dispoñen da liberdade de cátedra doutros tempos.
-O personal sanitarioa tampocuco o ten moi claro.
-O clero e a relixión, están sendo cruelmente atacados.
-E os gobernantes... ¡Mi madriña! ¡Que difícil o teñen!
Chegamos a un punto de inflexión no que convén pararse un pouco para non equivocarse
OS TEMPOS SON DIFÍCILES E COMPLICADOS; PERO NON TEMOS OUTROS.
Temos que pararnos a pensar que pasos debemos dar para que os que veñen detrás encontren un mundo no que reinen os valores universais de convivencia respectando as diferencias; pero sen caer en excentricidades.
NIN DEBEMOS PERDER O RUMBO NIN IR CONTRA NATURA.
OS AVANCES DEBEN ESTAR Ó NOSO SERVIZO PARA QUE NOS FACILITEN A VIDA; PERO QUE NON NOLA COMPLIQUEN MÁIS, POR FAVOR!
Os proxenitres teñen que facer uso da autoridade que lles toca e coller o timón da familia para que non se vaia pola borda.
Non vale proxenitor A, proxenitor B, nin C...
Proxenitores tan só temos: un pai e unha nai.
Caso a parte son as adopcións.
Os outros casos son outra cousa.
PERO O QUE ESTÁ MOI CLARO É QUE AS CRIATURAS NECESITAN UN CARRIL POLO QUE CIRCULAR CON SEGURIDADE PARA MEDRAR ADECUADAMENTE
As criaturas teñen suficiente con ir adaptándose ós seus cambios biolóxicos e psicolóxicos sen cargar con pesos derivados da situación dos adultos.
Temos unha responasabilidade para con nós mesmos e tamén socialmente.
O MUNDO QUE QUEREMOS.
ESE MESMO DEBEMOS CONSTRUIR.
NON NOLO VAN A CONSTRUIR OS QUE VEÑAN DETRÁS.
Cada xeración ten que cargar coas súas responsabilidades.
CÓMPRE UNHA CHAMADA Á RESPONSABILIDADE DA POBOACIÓN ADULTA PARA QUE AS NOVAS XERACIÓNS TEÑAN CLARA CAL É A DIRECCIÓN QUE TEÑEN QUE SEGUIR.
En boa medida: a dirección que nós lles marquemos, esa seguirán.
SERÍA MOI TRISTE QUE TIVERAN QUE INVOLUCIONAR POR UNHA MALA XESTIÓN.
Os novos teñen que seguir o seu rumbo como frechas lanzadas a un futuro prometedor no que ademáis de acadar un nivel material de vida digno, tamén sexan persoas con valores para transmitir de xeración en xeración.
A aldea global está chamada a convivir rexíndose polos vaolres tradicionais que deron lugar a esta civilización que hai que conservar e mimar.
"CONSERVANDO E MIMANDO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora