Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con carnet e á tola

jueves, 05 de febrero de 2009
A cotío recibimos novas en relación con conductores -con ou sen carnet- que circulan perigosamente, bebidos ou sobrios, que chaman a atención dos axentes do tráfico polo desusado do seu comportamento. Esos son os que se denuncian, que son xulgados e castigados como corresponden as conductas observadas.

Pero logo estamos todos os demais, os que temos o carnet de conducir e procuramos cumprir coas normas mellor ou peor, e entendemos que vamos polas vías cun comportamento irreprochable e cumprindo con todas as especificacións relativas ó tráfico.

Pois para esta xeneralidade de cumpridores titulares dun documento que acredita a capacidade para conducir resulta unha sorpresa absoluta o denunciado polo Presidente da Confederación Nacional de Autoescolas diante da Dirección Xeral de Tráfico no sentido de que o 96,5% dos actuais titulares de carnet suspenderían os exames teóricos para obtención do permiso.

Baséase nun informe do Instituto de Tráfico y Seguridad Vial que indica que case a metade dos conductores analizados non foron capace de acertar a metade das preguntas mentras que para aprobar só se permiten tres fallos.

Só se salvan desta desastrosa situación os conductores profesionais e os que teñen menos de dez anos de antigüidade no permiso de conducir. E os galegos somos os cuartos, comezando por abaixo.

Resulta que, xeneralizando, temos o carnet e coidamos conducir ben pero non seríamos capaces de aprobar os correspondentes exames actuais e a saber cantas infraccións cometemos no noso diario conducir no que priman os hábitos por itinerarios habituais.

Imponse a culturización dos conductores veteranos, quizais cursos de reciclase, revisións ou charlas informativas para cando se renoven os carnets, e formación intensa nos colexios porque os nenos son un elemento renovador en canto á actualización dos seus proxenitores.

Polo que se ve, circulamos con carnet e á tola, por descoñecemento. O malo é que coidamos que non hai conductores mellores ca nos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES