Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (75)

viernes, 08 de septiembre de 2023
Álvaro Cunqueiro e a 'Xente de Aquí e de Acolá'

Despois de que Trapero Pardo nos comentase a beleza das páxinas que puidese tecer coa súa ávida pluma de fantasías verdadeiras o insigne Álvaro Cunqueiro, se for do caso, tratase aos personaxes Valuros nas súas obras, nós, atopamos en Xente de aquí e A misteriosa e incógnita Valura (75)de acolá un relato ou conto bautizado como "A chaqueta de ouro" na que mete a Felipe de Francos como protagonista desta historia ou deste conto.
O Val de Francos áchase en Castro de Rei, sendo moi coñecido polo entroido que se celebra nas parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno; ten unha gran tradición na zona, en parte conseguido por persoeiros como Xosé Manuel Carballo e outros.
Francos é un lugar da parroquia de Goberno, que segundo o filólogo Nicandro Ares citando a J.M. Piel "ten un dobre significado, o de individuos procedentes de Francia, ou de homes libres, alén de descendentes dun home chamado Franco".
Seguindo a Cunqueiro, o tal Felipe de Francos tiña unha moza na Ribeira de Piquín á que ía ver con asiduidade e o susodito "Felipe era, e é, alto, fraque, bigotudo, pálido. Hai muito pálido por alá, medio morenos, ás veces axitanados. Quizás chegaran alí familias de lonxe, ou teñen a mistura de baluros, esa tribu rara da Terrachá, da que tan pouco se sabe..."
Estes son os apuntamentos e pinceladas que pon Cunqueiro nas teas biógrafas ao facer un debuxo Valuro; como vemos, fai gala do descoñecemento desta tribo, aínda que parece que a "palidez" sexa unha peculiaridade na condición de Valuro, pero non está nada claro, pois pretende manter no misterio á raza porque son pálidos "medio morenos e ás veces axitanados"; é dicir, pálidos e todo o contrario, atribuíndolles a posibilidade de ser xentes que viñeron de lonxe ou teñen mestizaxe valura. Remata as notas tan pouco aclaratorias acubillándoos nunha tribo e por riba de todo, "rara", para acabar de non dicirnos nada "da que tampouco se sabe". Resumindo que os valuros son "a", medio "b" e ás veces "c", mais nada sabemos destas tres primeiras letras do abecedario.
Do que si sabemos é doutro personaxe que se encontra entre Goberno e Meira, polo tanto, tamén Valuro, por atoparse entre as montañas da valadura, "pernicorto e algo xorobeta", cavador de pico e pala, sempre á procura dunha chaqueta de ouro que ía afondando ata quedar enterrada e, xa sexa como mouro que é, ou xa sexa como valuro feiticeiro ou mago, o caso é que viaxa tras da chaqueta e coa chaqueta de ouro á que a miúdo ten que desenterrar pola súa capacidade que lle vén do ouro pola querenza da soterra e sempre buscando o camiño que a levase a unha ponte onde facía unha cova cómoda para ela, sendo capaz de botar séculos sen moverse, mais o mouro-valuro sabía da súa teima e por iso levaba sempre pico e pala para desenterrala onde quixese que esta se atopase.
Vemos como Álvaro Cunqueiro pon a proba a dobre capacidade dun valuro e mouro ao mesmo tempo, o que lle confire un poder fóra do común, acercándonos aos lectores ao mundo misterioso dos Valuros que son magos e feiticeiros, o que se deixa ver no que lle ocorre a esta chaqueta de ouro máxica que ata quere volver ás súas orixes na soterra.
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
ARES VÁZQUEZ, Nicandro.- (2011) Estudios de toponimia galega, Tomo I, R.A.G
CUNQUEIRO, Álvaro.- (1981) Xente de aquí e de acolá, Editorial Galaxia, 3ªedic. Vigo, páxs. 59-62
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES