Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O expresionismo de Pepe Randolfe

miércoles, 16 de agosto de 2023
O Círculo Saviñao que preside o ímprobo e xeneroso Enrique Sampil acolle ata o 13 de gosto una interesante exposición de pintura do polifacético artista de Carballedo Xosé Randolfe Vilariño. Unha mostra de dazanove cadros onde o artista presentanos unha ampla mestizaxe de estilos como o surrealismo, nova figuración e especialmente o expresionismo.

A pintura de Randolfe mostra ata os nosos días una complexa traxectoria e una rica variedade de rexistros e matices unha obra que se caracteriza pola súa forza expresionista, a tensión expresiva o forte vitalismo,a preocupación pola figura humán, a tensión dramática, o sentido esperpéntico. Sin esquecer esa oscilación que vai do humor, o sarcasmo, o xogo, o misterio a inquietude, o sentido arcano, telúrico ou social.

Pepe Randolfe fuxe do anodino e gosta darle importancia ao literario, a anécdota, a vida o vivido. Pintura dinámica que se recrea nunha atmósfera intrigante, envolvente, misteriosa, sorpresiva.

Hai un gosto xeneralizado pola curva, concedelle una importancia primordial ao dibuxo, o cromatismo, en relación coa composición, non se abandona nunca, anque en ocasións se roce a dimensión figurativa e a tensión vitalista do creador. A distorsión aparece como una das forzas xeneradoras esenciais.

Randolfe e un pintor de marcados elementos autóctonos, pero sin caer nunca en corsés folklorizantes ou en limitacións localistas. Un pintor que xeneralmente mantense o marxe de tendencias e modas.

En definitiva unha exposición interesante e atractiva. Si está perto das terras de O Saviñao recomendolle unha visita o Círculo pois disfrutará dunha exposición inesquecible.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES