Anxos de carne e óso
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de agosto de 2023
Ténsenos dito que os anxos son espíritos puros, entidades celestiais que envían mensaxes e que coidan de nós.
Tamén se di que hai setenta e dúas clases de anxos e que todos temos un según a nosa data de nacemento...
O certo é que ese tipo de anxos existe.
E tamén percibimos cos nosos sentidos corporais que existen outro tipo de anxos de carne e óso ó carón das nosas vidas.
SON OS ANXOS CON DISFRAZ.
Teñen disfraces moi variados e incluso poden poñer un para cada ocasión:
-Hai anxos disfrazados de mamás que fan maravillas na vida familiar.
-Hai anxos disfrazados de papás que transforman a disciplina en amor.
-Hai anxos disfrazados de avós que son capaces de facer de papás e mamás por partida doble e ó mesmo tempo.
-Hai anxos disfrazados de bebés que son anxos en estado puro.
-Hai anxos disfrazados de mestres que son capaces de abrir e mente do alumnado e iluminala por dentro.
-Hai anxos disfrazados de personal sanitario que transforman as enfermidades en saúde e benestar.
-Hai anxos disfrazdos de psicólogos que son capaces de sacar manías da mente dalgunhas persoas.
-Hai anxos disfrazados de sacerdotes que son capaces de limpar a alma dos pecadores co poder do Pai, do Fillo e do Espírito Santo e tamén de transformar o pan e o viño no Corpo e no Sangue de Cristo.
-Hai anxos disfrazados de personal de seguridade que son capaces de mante-la orde en momentos difíciles.
-Hai anxos disfrazados de misioneiros que son capaces de deixar a súa familia e a súa terra para irse a países de misión e pasar, voluntariamente, moitas estreituras por amor ós máis necesitados.
-Hai anxos con disfraz de políticos que velan polos intereses da xente de a pé.
E TAMÉN HAI OUTRO TIPO DE ANXOS QUE NON HAI CARTOS NON MUNDO QUE OS PAGUEN: OS AMIGOS.
OS AMIGOS CON LETRAS MAIÚSCULAS SON SERES CELESTIAIS.
Os amigos con letras maiúsculas tamén existen.
Non abundan; pero existir, existen.
Desto dou fe por experiencia propia.
Unha amistade con letras maiúsculas transforma nada en todo.
SEN DEBERCHE NADA, ABSOLUTAMENTE NADA; OFRÉCECHE TODO: CASA, COÑECEMENTOS, COIDADOS, CARIÑO, TODO TIPO DE ATENCIÓNS...
Un bo día poncha a Providencia na túa vida e xa se queda aí por tempo indefinido.
Non ten ningunha explicación humana.
AS AMISTADES CON LETRAS MAIÚSCULAS SON ENVIADAS CELESTIAIS QUE COIDAN DE NÓS DE MANEIRA COMPLETAMENTE DESINTERESADA E ADMIRABLE.
Son almas tocadas dun modo moi especial pola Man de Deus para que sintamos de modo palpable e coidado amoroso que Deus ten polas súas criaturas.
A min paréceme que son almas que escoitan a voz de Deus no seu corazón e póñena por encima de todo.
Para elas o verdadeiramente importante é que estean ben as persoas coas que contactan.
Non regatean esforzos nin sacrificios.
E fano porque lles sae da alma.
SÁELLES DA ALMA E FACÉNDOO POR AMOR E CON MOITO AMOR, ATA LLES RESULTA PRACENTEIRO E SATISFACTORIO PARA O SEU CRECEMENTO INTERNO.
¿Onde estará o segredo?
O segredo debe estar no amor desinteresado.
¿Imaxínase o que pasaría se todos obráramos con amor desinteresado?
¿Por donde poderíamos empezar?
Cada un por si mesmo.
"EMPEZANDO POR MIN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora