Tócanos a nós
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de julio de 2023
Moitas responsabilidades son comúns a tódolos tempos e a tódalas xeracións con pequenas adaptacións ós tempos que corren.
No tocante á educación da infancia sempre recaeu sobre ós proxenitores.
Hoxe en día tamén recae aínda que non se lle poida dedicar tanto tempo presencialmente, debido á carestía da vida que obriga a traballar fóra da casa a ambos proxenitores.
Hai cousas que non se poden delegar:
UNHA DELAS É A EDUCACIÓN DAS CRIATURIÑAS.
Noutros tempos tamén debían sacar tempo de onde fora.
Seguramente que a infancia precisará mais tempo canto máis medre o desenvolvemento da sociedade porque cada día hai máis perigos.
A sociedade actual preséntanos moitos medios pero tamén moitos perigos.
SABENDO QUE OS PERIGOS SON MAIORES CADA DÍA, DEBEMOS DEDICAR MÁIS TEMPO PARA ACOMPAÑAR Á INFANCIA NO SEU CRECEMENTO PERSOAL.
Non se trata soamente de que ande limpa, farta e teña "de todo".
A súa alma tamén precisa alimento e o seu corazón tamén.
MOITAS CRIATURAS QUE, aparentemente teñen de todo, ENCÓNTRANSE BALEIRAS POR DENTRO PORQUE NON SE SENTEN ATENDIADAS NO SEU CORAZÓN.
Haberá quen pense que alimentan a súa intelixencia máis que nunca porque nunca foron tanto anos á escola.
A ESCOLA NON PODE SUPLIR O CARIÑO DA FAMILIA NIN OS COÑECEMENTOS QUE DEBEN MAMARSE NA CASA.
Tampouco os móbiles alimentan a alma da infancia...
Que permiten comunicarse, sí.
Que ofrecen moita información, tamén.
PERO NON TODA A INFORMACIÓN QUE OFRECEN É DE FIAR NIN A INFANCIA SABE DISCRIMINAR.
Un móbil na man dunha criatura, pode ser unha arma perigosa.
DESTO MOITOS PROXENITORES NON SON CONSCIENTES.
O profesorado está cansado de retirar móbiles nas clases.
TAMÉN É CERTO QUE HAI PROXENITORES QUE O TEÑEN CLARO E DAN OUTRAS OPCIÓNS MELLORES PARA QUE OS SEUS VÁSTAGOS SEXAN FELICES DE MODO SAUDABLE.
Unha criatura entretense e desenrola a súa creatividade con calquera cousa que encontra ó seu alcance.
Na natureza hai de todo e gratuitamente; pero na cidade, non.
NA CIDADE HAI QUE COMPRAR DE TODO E BOA PARTE DO QUE SE COMPRA É PARA USAR E TIRAR.
Deste xeito nin hai cartos que cheguen, nin se favorece a creatividade, nin se ensina a administrarse.
Os tempos que vivimos teñen moitas ventaxas, pero tamén moitos inconvintes.
TÓCANOS ÓS ADULTOS ARBITRAR AS FÓRMULAS QUE SEXAN NECESARIAS PARA ACERCAR AS CRIATURAS Ó RURAL ONDE A NAI NATUREZA É A MELLOR MESTRA.
Tamén nos toca recuperar moitos valores que están esquecidos:
-EDUCAR NA HUMILDADE E NA SENCILLEZ.
-EDUCAR NA SOLIDARIEDADE.
-EDUCAR NA VIDA DE PIEDADE.
-EDUCAR NO RESPECTO CARA ÁS OUTRAS PERSOAS.
-EDUCAR A NON XULGAR.
-EDUCAR NO AMOR Ó PÓXIMO.
-EDUCAR NO AGRADECEMENTO.
-EDUCAR E EDUCARNOS NA HONRADEZ A TÓDALAS IDADES.
-EDUCAR E EDUCARNOS NA FIDELIDADE.
-EDUCAR E EDUCARNOS PARA NON METERNOS NAS VIDAS ALLEAS.
-EDUCAR PARA QUE NON LLES FALTEN COIDADOS ÓS ENFERMOS E ANCIÁNS.
Educar e educarnos e seguir educándonos en todos aqueles valores que nos fagan a vida máis humana e levadeira.
Máis tarde ou máis cedo todos temos achaques, doenzas, e necesidades, tanto físicas, como espirituais que precisan da compaixón recíproca.
De tal xeito que: TÓCANOS DAR SEN ESPERAR NADA A CAMBIO.
Non esperando nada é como se recibe todo.
"MANS QUE NON DADES..."
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora