Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recursos pouco utilizados

lunes, 24 de julio de 2023
A estas alturas dicir que viaxar é un dereito recoñecido case está de máis. Con todo, viaxar en transporte público interurbano, para algunhas persoas non acaba de facerse realidade. Os recursos van aumentando, pero hai que utilizalos. De casualidade souben dunha páxina web na que facer reservas para viaxar con cadeira de rodas en autobús, así que vou contar a miña experiencia. A modo de resume o informe está baseado en dúas empresas, catro viaxes de ida e volta, seis autocares e oito condutores. Creo que é unha mostra representativa. Estes foron os datos que aportei nun escrito que presentei, aló polo mes de marzo, mostrando o meu descontento en relación ás condicións de accesibilidade.
Recursos pouco utilizados
Todo empeza con facer a reserva cun mínimo de vinte e catro horas, é dicir, que non podemos planificar unha viaxe de última hora. Habendo prazas libres e co autobús adaptado debería ser algo normal sen necesidade dese requisito. Curiosamente coa reserva confirmada por teléfono e por escrito, e estando na Estación de autobuses de Lugo, Ferrol, Coruña, Vigo e Santiago coa antelación suficiente, empezan as dificultades á hora de coller o billete xa que non lles consta e non teñen nada previsto. Refírome a que se descoñece o funcionamento da plataforma elevadora, dos sistemas de ancoraxe, cinto de seguridade... Un mecanismo moi sinxelo, pero se falta unha primeira vez deriva en cabreos, malas caras, retrasos... Incluso chegaron a dicir que non me levaban porque non estaba alí unha hora antes ou preguntar se a viaxe era para unha cita médica, menos mal que ía sobrada de paciencia e respondín, cun sorriso, que non sabía que había que explicar o motivo da viaxe nin vía que lle fixeran a mesma pregunta aos demais pasaxeiros.

Quero matizar que a adaptación dos autocares é rápida, cómoda e segura. Entendo que a inversión se fixo para que o transporte público sexa inclusivo e accesible a todos os cidadáns con independencia das súas limitacións físicas. Algo está a fallar cando dos oito condutores só un manexaba o sistema con soltura, os demais nin sabían onde levaban o material chegando a buscalo por todo o autobús ata que eu suxerín que iría na parte dianteira. Tampouco hai uns criterios uniformes, quedando a expensas de ir cara adiante ou cara atrás, levar cinto ou non, asegurar con catro ou con dúas ancoraxes, en diagonal...

En relación ao escrito, cando xa non contaba recibín hai uns días unha ampla resposta do Servizo de Mobilidade agradecendo a miña información detallada e, como non podía ser doutro xeito, que se tomarían as medidas oportunas para que non se repitan situacións discriminatorias e humillantes como as que eu reflectía.

Os recursos están pero hai que coñecelos e, sobre todo, darlles uso para chegar a unha «accesibilidade universal» á hora de viaxar. É de destacar o apoio dos demais viaxeiros que vían como, en todo momento, me prestei a colaborar. Coñezo o sistema desde hai anos por empresas pioneiras en autobuses adaptados. Aínda que daquela non ía en cadeira sei distinguir o material e o seu uso. Tamén é xusto dicir que varios condutores me pediron desculpas e me deron as grazas polas orientacións. Aproveitando o verán haberá que seguir viaxando!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES