Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O día das Natillas

lunes, 02 de febrero de 2009

Botar de cando en vez unha ollada á hemeroteca é unha boa costume: refresca a memoria e fai que non esquezamos feitos, anécdotas e sucedidos que doutro xeito o tempo vai esmorecendo e chegan a borrarse da lembranza. Ás veces voltar ó xa vivido resulta aleccionador; en todo caso é bó telo presente: pode servir de guía para as nosas actuacións ou mesmo de exemplo do que non debe facerse. Non repetir o erro.

A ollada retrospectiva tamén vai a percatarnos de cómo nun determinado período de tempo evoluciona a sociedade: como mudan os gustos, as modas e os modos, os usos e costumes, ou mesmo os comportamentos colectivos dos individuos.

O día 3 de febreiro de 1973 unha información de Foz no xornal daba conta de cómo no Asilo de Anciáns se celebrara solemnemente o centenario da fundación da Congregación que rexía o establecemento O cronista, tras referirse á misa celebrada na capela, ateigada de asistentes (autoridades e público en xeral) comenta que, e en medio do ambiente reinante no vestíbulo, a Madre Ambrosia -tan pequena ela que case se escondía tras o sorriso- dí ó informador: “¿Sabes? Los ancianitos llevan ya varios días preguntando cuando es el día de la natillas”. A Superiora adiviña a confusión do interlocutor, e aclara: “Todos los años en este día (27 de enero) coincidiendo con el aniversario de la fundación de nuestra Orden, los ancianos y la Comunidad tenemos en la comida un extraodinario: natillas. La tradición parte de que cuando en la capilla de un seminario tomaron su hábito las primeras monjas de la Orden, los seminaristas las obsequiaron con natillas.De ahi que nuestros ancianos al 27 de enero le llamen “el día de las natillas” Noutras datas ó longo do ano tamén as tomaban, pero o 27 de xaneiro era, por antonomasia, “o día das natillas”. Conta a crónica (pasaron mais de 35 anos) que foron múltiples as mostras de agarimo e de simpatía que as xentes do Asilo recibiron e incluso as musas, impelidas por tan nobles sentimentos, fixeron acto de presencia, e don Luis Iglesias, secretario do concello de Barreiros, dedicou ás Hermanitas uns atinados versos. ¡O que vai do onte a hoxe! …

¿Verdade que resulta curioso, de cando en vez, botar unha ollada á hemeroteca?.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES