Votar por correo
Xiz, Xulio - miércoles, 19 de julio de 2023
Chégame a propaganda electoral cando xa hai varios dìas que votei. É a primeira vez que voto por correo, nun sistema que funciona á perfección, non sendo frío ou distante, senón en loor de multitude porque ninguén agardaba esta convocatoria cando medio país anda itinerante. E se habitualmente as oficinas de Correos teñen traballo abondo e as colas son habituais, estes días acumúlaselles o labor.
Quen queira votar por correo recibe unha papeleta cos aspirantes a senadores, papeletas das forzas concorrentes, e cadanseu sobre para meter, xunto coa certificación do padrón que nos mandan, nun sobre dirixido á presidencia da nosa mesa. Entregado en Correos acreditando a personalidade - envíano e entrégannos o xustificante de votación, quedando liberados do maremagnun da campaña electoral.
Coa estricta organización do voto por correo non hai lugar a dúbidas, pois dubidar do mecanismo é dubidar do sistema do que formamos parte. En tempos, no primeiro postfranquismo, soubemos que a Correos en Lugo acudía a diario un censor que abría as cartas destinadas a determinadas persoas para investigar o seu contido, e xa que o tema nos superaba tivo que vir a Lugo un xornalista coruñés para denunciar os feitos e cortar a violación das cartas, daquela habitual e hoxe delictiva.
Unha xornada electoral é a máxima expresión de liberdade, e temos que confiar en que os votos - físicos, por correo ou electrónicos cando se implanten -, son inalterables. Temos que confiar no sistema porque é o mellor dos conocidos. E os que temos vivido noutros sistemas podemos acreditalo.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora