Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proteccionismo

lunes, 02 de febrero de 2009
Formamos parte da Unión Europea, para as duras e as maduras, en tempos de bonanza ou na crise, e boa parte das decisións que se poidan tomar no terreo económico están supeditadas ó dictado do conxunto de países que conforman a Europa á que pertencemos.

E se cando a economía vai ben non nos preocupamos demasiado polos detalles, cando a tormenta nos asombra coa súa pavorosa presencia tendemos a esquecernos de que formamos parte da macroeconomía global e tentamos adoptar posturas proteccionistas.

O Ministro de Industria aconsellou hai uns días preferir os produtos españois ós extranxeiros, sen darse conta que en este momento non hai extranxeiros dentro de Europa, e hai liberdade de movemento de persoas, investimentos e producións.

Agora o problema aflora en Inglaterra onde ó primeiro ministro xa lle plantearon a primeira folga de traballadores ingleses para protestar porque en determinados postos na industria se está a contratar trabaladores doutros estados da Unión, que teñen por outra parte perfecto dereito a ese traballo en igualdade de condicións que os naturales daquel país. Pídese proteccionismo laboral para que non se produzan parados ingleses mentras traballen membros doutras nacionalidades.

Pero tamén en Norteamérica teñen esa tentación e o presidente Obama -que a fin de contas cre firmemente que “América é para os americanos”- ven de dispor que en toda obra pública que en U.S.A. se constrúa con fondos oficiais non se utilice outro ferro e aceiro que o producido nos Estados Unidos.

Mal empezamos se ós primeiros síntomas de crise pechamos as fronteiras á vez que pechamos os ollos volvendo á autarquía da que coidamos ter saído para sempre.

O do proteccionismo é o recurso máis doado e o menos produtivo. Non hai saída por un camiño así. Se xuntos non damos saído da crise, pechándonos ós demáis tampouco o conseguiremos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES