Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votantes de lonxe

viernes, 30 de enero de 2009
Quedou para a historia a afirmación de que “poeta desde lejos no puede ser / no se puede ser”, para acreditar que a lonxanía non é boa conselleira á hora de coñecer, de saber, con exactitude o que pasa nun país. E unha canción proclama que “la distancia es el olvido”, abundando na mesma realidade de que a presencia física é esencial para mergullarse nunha sociedade, para entender o que acontece, para ter conciencia real da realidade.

A distancia é esencial para a nostalxia, a lembranza, quedar ancorado no tempo que pasou e conservar unha imaxe idílica dun mundo que nunca será o mesmo, e cada vez nos resultará máis alleo pola distancia e polo tempo.

E sen embargo, o porvir de Galicia depende en boa medida dos votos da nostalxia, da distancia, dos votantes de lonxe. Os votos da diáspora deciden ou poden decidir maiorías e no caso das eleccións municipais hai concellos que teñen porcentaxe decisivo de votos máis aló do mar.

Eu non digo -entre outras cousas porque é legal e así o teñen acordado os representantes ós que nós encomendamos os nosos destinos- que non se poida votar por Galicia fóra de Galicia. Entre outras cousas porque é un xacemento froitoso de votos que os nosos políticos de todas as cores regan con esmero. Digo que na vida diaria deste páis, e menos en tempos de mudanza coma estes, non se entende que o voto da emigración teña peso tan ponderado, estea tan pouco controlado, e desperte tal atención dos políticos en exercicio.

Votante de lonxe pódese ser porque lle interesa ós nosos políticos. E con arreglo á teoría “un home/ unha muller: un voto”, base da democracia, haberá que concluir que o voto dun galego da diáspora é igual ó voto dun galego dacó. Aínda que os da Galicia dacó coñezamos moito mellor os temas, poidamos analisar comportamentos e gobernos, sintamos nas carnes propias os problemas reales e polo tanto cabe supor que votamos con máis coñecemento de causa.

Pero un voto é un voto, veña de donde veña. E ningunha forza política renunciará a compensar o envellecemento poboacional coa forza numérica dos galegos que están fóra, aínda que non estean controlados escrupulosamente.

En boa medida o noso inmediato porvir político depende do que opinen os nosos irmáns votantes de lonxe. Seguro que é xusto por ser legal. E a lóxica, polo que se ve, non ten moito que facer nestes casos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES