Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Académica Chairega

viernes, 30 de enero de 2009
O 7, o círculo dos inmortais que velan polo idioma, vai abrirse á creadora, Margarita Ledo Andión, profesora de Comunicación Audiovisual, ocupando a cadeira de Miguel A. Araúxo, que foi bispo desta diocese. A quinta muller, tras Xohana Torres, Olga Gallego, Rosario Álvarez, que vai pronunciar o discurso de benvida, e Luz Pozo, estas dúas con vencellos en Guitiriz, a primeira por lazos familiares, e Luz por pasar estadías, tomando as augas. É unha honra para a institución contar con esta muller sabia e fonda coñecedora de todas as artes. Celebramos aquela tarde áurea, cando Manuel María, leu o discurso de ingreso no Auditorio de Vilalba. Alí, estaban, daquela coma oíntes, os académicos chairegos, Ramón Villares, Darío X. Cabana e Margarita. Para os dous poetas, o seu primeiro editor, en tempos precarios. Sen esquecer a Río Barja, tan ligado a Meira. Nada mellor para definila, co veredicto do xurado, presidido polo Presidente da Academia, Xosé R. Barreiro, que lle concedeu o Premio Nacional, no campo do Audiovisual, "pola achega á cultura coma cineasta, investigadora, profesora, promotora e divulgadora", e por facer "presente a cultura galega no panorama internacional da imaxe", dende a fotográfica ata a cinematográfica. De feito, mestra de prestixio universal na súa especialidade, decote percorre o mundo, en congresos, conferencias, etc. Na realización, lembramos: 'Santa Liberdade', 'Liste', ou ‘Manuel María: fala e terra desta miña terra’ (2005), que avala a intención da Academia de elixir a escritora de Castro de Rei (1951), porque engrandece dun xeito máxico a palabra do bardo chairego cos recursos da imaxe, dando pulo ao espírito do pobo, que é a lingua. O audiovisual conta con representantes chairegos en todos os eidos: Xosé Lois, irmán de Margarita, con documentais, coma “O Garabelo”, o actor Luís Tosar, os irmáns Coira, dobradores coma Xosé A. López de Guitiriz, axudantes de dirección coma M. Espiñeira. Sen esquecer guionistas coma Darío X. Cabana. Ou Chema Prado (Rábade 1952), director de fotografía e da Filmoteca Nacional de Madrid, de máis proxección, por coordinar a recuperación de cintas, a memoria do cine do país, así as de Carlos Velo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES