Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xentes do mar: Dan moito, merecen máis

jueves, 20 de julio de 2023
Xentes do mar: Dan moito, merecen mis Estamos ás vésperas da celebración do Día do Carme. Un día especialmente festexado na nosa Igrexa diocesana, tan vinculada ao mar e ás xentes do mar. Como a Igrexa dos inicios, tamén a nosa Igrexa é "pescadora". Sen dúbida que moitos puidemos participar e emocionarnos nalgunhas das tradicións que durante estes días se repiten: procesións marítimas, salve mariñeira, homenaxe aos que perderon a vida no mar, novenas, celebracións eucarísticas... Baixo a advocación da Virxe do Carme moitos irmáns nosos viven e sosteñen a súa fe.

A Virxe do Carme é especialmente querida e festexada polo noso pobo. Baixo a súa protección, ao longo dos séculos, moitas xentes do mar e as súas confrarías puxeron o seu traballo, a súa viaxe, a súa familia, a súa fraxilidade. En Cariño, en Cedeira, en Celeiro, en Foz, en Burela, no Vicedo... Cantas miradas cómplices á Virxe que preside os nosos portos, as embarcacións, os espazos máis próximos e íntimos!

A celebración do Día do Carme convídanos a volver mirar a María. Ela é estrela dos mares. María, como aurora do sol, lévanos sempre a Cristo. Mirar a María é dirixir a nosa mirada a Xesucristo, o único salvador. A súa palabra ante as nosas dúbidas, súplicas e medos, é sempre a mesma: "Facede o que el vos diga". É el, Xesucristo, o único que nos abre camiños, asenta a nosa existencia, consolida o noso vivir.

Pero a celebración do Carme nos axuda tamén a mirar ao mar e ás xentes que viven del. Contemplando as diferentes realidades que conflúen neste contexto, quizais haxa unha palabra que as une e caracteriza: "Inseguridade".

O mar é un medio un tanto inseguro. Aínda que evidentemente os progresos técnicos avanzaron moito e dotaron de medios para garantir a seguridade, sempre se visibiliza como un contexto incerto. Así o expresan os accidentes periódicos que causan tantas vidas humanas, tantas traxedias que hoxe lembramos. Así o viven especialmente os emigrantes que sucan os mares en procura dun lugar onde poder vivir e que, en tantas ocasións, atopan a morte no mar, convertido nun gran cemiterio, ante o silencio e a inacción da nosa sociedade.

Pero tamén é inseguro no que se refire ao futuro do sector. Así o demostran as dificultades que hoxe se teñen para cubrir os empregos necesarios para levar adiante as tarefas. Non hai substitución en moitas familias e empresas. Os mozos, na súa maioría, foxen deste traballo que supón, non só un sacrificio físico, senón moito máis emocional, mental, social... A emigración atopou aquí un nicho de empregabilidade onde a poboación autóctona rexeita polas prácticas laborais severas. A ausencia de políticas activas de emprego neste campo son evidentes.

Ademais, é inseguro tamén polo que está a significar un dominio desmesurado da industria e do sector financeiro na pesca, especialmente de altura. Non é bo que o endiosamiento do diñeiro marque as súas políticas por encima das persoas e do medio ambiente. É preciso respectar os ritmos biolóxicos, evitando que os caladoiros queden sobreexplotados, o que supón unha inxustiza para as xeracións futuras. Non é bo que un sector estea fortemente subvencionado, o que impide unha viabilidade a longo prazo.

Nesta situación, celebrar o Día do Carme, a festa das xentes do mar, é agradecer a tarefa que desenvolven para o noso benestar. Ademais da pesca de cada día, o 90% do comercio mundial prodúcese no mar. É un día, pois, para darlles as GRAZAS polo seu labor, pola súa vida, polo seu esforzo, pola súa vocación, polos seus sacrificios, por xestionar e afrontar a inseguridade... É moito o que nos dan. Por iso, tamén merecen máis.

O voso irmán e amigo.

+Fernando, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES