Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Necesitamos a prensa (no 25ª aniversario de "Diario de Ferrol")

lunes, 17 de julio de 2023
Necesitamos a prensa (no 25 aniversario de Seguro que estaredes comigo en que un dos exercicios máis sans e saudables é tomar un café matutino lendo a prensa do día. Trátase dunha actividade que moitos realizamos e que, a pouco que observemos, descubrimos a centos nas rúas e prazas da nosa cidade. Saborear un café na terraza ou na barra dun bar, lendo os titulares do día, os artigos de opinión, as viñetas de humor, comentándoo cos amigos que tamén entran, é unha maneira de socializar, de entrar en relación, de non vivir illados.

Porque o ser humano, fundamentalmente, é relación. "Non é bo que o home estea só" dixo Deus ao comezo do mundo. Por iso, a prensa axúdanos a poñernos en relación co mundo no que vivimos, axúdanos a entendelo e comprendelo. Cada día, o xornal é unha xanela que nos abre ao mundo máis afastado ou máis próximo, nunha especie de balcón que nos permite observar e contemplar a realidade. Desta maneira, entrelazámonos, vinculámonos, relacionámonos co noso mundo, a casa común na que vivimos e habitamos.

Nun mundo globalizado, os vínculos fanse especialmente importantes. Quizáis por iso convidábasenos a "pensar globalmente e actuar localmente". Globalización e particularismo son os dous polos dunha mesma realidade que non se contrapón, senón que ha de ser vivida nun complexo e artesán equilibrio. Porque é necesario ter raíces, as que nos dá a nosa contorna e a nosa cultura máis próxima, pero non illarnos do que sucede no noso mundo, do que vivimos e no que estamos. A prensa local dános ferramentas para manexarnos nesta polaridade que sempre é necesario practicar.

O noso mundo tamén está caracterizado pola información. Vivimos no mundo da información. Necesita desta. Unha información que é inmediata, de fácil acceso, rápida e por múltiples medios. Pero sabemos os perigos que iso entraña. Por iso, xunto á información dos feitos, necesitamos tamén os elementos para o xuízo, para a formación de criterios, para situarnos adecuadamente no noso mundo, para alentarnos na esperanza dun mundo que se pode construír de boas maneiras. Nese sentido, a prensa escrita ten unha misión complementaria: permítenos observar a realidade con máis pausa, con máis criterio e acougo; permítenos analizar e axudarnos a crecer e a vivir en comunidade. Un xornal ten esta difícil misión na sociedade dos tuits. Para iso, é necesario que saiba vencer as tentacións da ideoloxía, que se abra á realidade na súa complexidade, que non se someta aos poderes que nos totalizan mesmo na mirada.

Ferrol e a súa zona de influencia é unha comarca preciosa. Sabémolo. E non só pola súa paisaxe, senón pola súa xentes, pola súa historia, pola súa cultura, polo seu futuro. Necesitamos medios que nos unan, que nos axuden a mirar, que nos xeren esperanza, que nos abran perspectivas, que nos iluminen, que colaboren a crear comunidade, que nos axuden a crecer en amizade social. Nese sentido, Diario de Ferrol é unha boa aposta, e ten unha gran misión e unha gran tarefa. Parabéns por este aniversario e que siga saíndo cada mañá coa ilusión de ofrecer aos seus lectores vida, esperanza, compaixón e futuro.

+ Fernando García Cadiñanos.
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES