Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (72)

viernes, 18 de agosto de 2023
A persistencia do termo 'Baluro', co 'B': Razóns

Podemos preguntarnos por qué ao longo da historia hai unha persistencia tan tenaz e, A misteriosa e incógnita Valura (72)ás veces, teimuda de escribir a palabra "baluro" e o seu feminino, xunto aos seus plurais, sempre co grafema "b", cando, en realidade, tiña que ser co seu homófono "v" para seguir a súa tendencia etimolóxica procedente de "Vallatura(m)", que evolucionaría a "Vala(d)ura" e finalmente a "Valura", referida ás montañas Valuras, ou montes que a forman e configuran, como se fosen valados da Terra Chá ou de A Valura?
Coido que hai varias razóns coas que afirmar as preferencias do "b" sobre o "v" como grafema escolleito polos nosos devanceiros, porén cando se fala dos habitantes emprégase "b" (baluro), mais cando se trata da toponimia referida ás montañas, mantense o "v" (montañas Valuras), como querendo gardar e conservar a súa orixe latina e feminina, primixenia e orixinal.

Observámolo en varios autores, un deles pode ser Murguía na súa obra Galicia, na páxina 41, dinos o que segue... "Todavía no se ha señalado el verdadero carácter de estas gentes, de antiguo marcadas con el sello á la vez de reprobación y de consideración. Llámanles baluros, no por ser seguidores de Baal, como da a entender Boán, antes por naturales de las montañas que llaman Valuras".

O primeiro que nos preguntamos é por que se pon "baluros" co "b" e "montañas Valuras" co "v", cando "baluro" é o habitante desas montañas e presuponse que o vocábulo "baluro" nace a partir do seu topónimo "montañas Valuras" e non ao revés. Reparamos, entón, en que a toponimia, polas razóns que manifesta o seu estatismo ao ser nomes de lugares que precisan permanecer ao longo do tempo por necesidades de denominación e, tamén, para que todo o mundo as coñeza, son as que manteñen os termos orixinais ao longo dos séculos; de aí que Murguía escriba "baluros" e "montañas Valuras" con dúas grafías distintas, pero reservando sempre o "v" como orixinario do topónimo; a cuestión non remata aí, pois o mesmo Murguía na páxina 152 mantén a mesma distinción... "los que viven al pie de antigua estación lacustre de Santa Cristina, son llamados baluros por cercanos a la sierra Valura, y no por adoradores de Baal como quieren algunos".

A misteriosa e incógnita Valura (72)Outra vez incidimos no mesmo, que é a dobre maneira de denominar segundo sexa antropónimo-xentilicio, escrito co "b" (baluros), ou topónimo, escrito co "v" (sierra Valura).

Feitas estas disquisicións, debemos procurar as razóns desta dobre grafía que levou a Xosé Manuel Carballo a nominar mantendo a dobre denominación a un grupo folklórico de música e baile tradicional co "V" e a outro de teatro co "b".

Vexamos as razóns:
PRIMEIRA.- En latín "b" e "v" mantivéronse, xeralmente consonte á etimoloxía, pero algunhas palabras escapáronse, xa que o seu emprego co "b" e co "v" antietimolóxico estaba demasiado estendido e considerouse como unha forma correcta.

SEGUNDA.- Pola falta dunha conciencia etimolóxica ao representar as dúas grafías nun único fonema que non ten distinción na oralidade, pero si na escrita.

TERCEIRA.- Polo betacismo, que consiste nun fenómeno lingüístico moi característico das chamadas linguas románicas, romances ou neolatinas, como é o caso do galego. O fenomeno consiste en confundir a pronuncia dos fonemas /b/ e /v/, de maneira que rematan xuntándose nun único fonema.

CUARTA.- Posibelmente o culpábel sexa Boán e outros estudosos cando din que os "baluros" son "servidores de Baal" porque se orixina unha contaminación lingüística entre "Baal" e "Baluro", aínda que como manifesta Vicente Risco "a serpe era a forma coa que se representaba ó demo, de nome Baal, ó que daban culto os xentís e os xudeos da cidade de Veria", ou incluso os nosos contemporáneos, Cuba, Reigosa e Miranda afirman que... "nesta cidade os habitantes celebraban grandes festas nas que renden culto a deuses pagáns (dise que, entre outros, adoraban ó deus Baal) que foron traídos por extranxeiros (Mouros)".

Froito destas razóns é o feito de que apareza "baluro" con un "be" antietimolóxico, resultado dunha falta de conciencia etimolóxica e tamén do betacismo das linguas romances, mais eu coido que o problema primordial é a contaminación lingüística entre "Baal" e "Baluro", debido a que comezan igual as dúas formas cos fonemas /b/, /a/, /l/.

Por todo o dito, comino e requiro que, a partir de agora, cómpre escribir dunha maneira adecuada esta palabra, sempre co "UVE" e nunca co "be" porque o "uve" de VALURO é o xenuino e propio da súa etimoloxía.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
MURGUÍA, Manuel.- Galicia. Ed. Daniel y Cortizo y Cía. Barcelona. 1888.
RISCO, Vicente.- "Etnografía, Cultura espiritual". Historia de Galicia. T 1, Akal Editores. Madrid. 1979.
CUBA RODRÍGUEZ, X. R.
REIGOSA, A.
MIRANDA RUÍZ, A.- Diccionario dos seres míticos galegos. Edicións Xerais, Vigo 1999.
DORREGO MARTÍNEZ, Filomena.- CROA, Nº 15, 2005.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES