Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (69)

viernes, 28 de julio de 2023
As relixións ancestrais dos Valuros e o Cristianismo

A lenda da cobra Saavedra na cidade de Veria descóbrenos a existencia dun ou de varios cultos relixiosos dos nosos Valuros. Por unha banda fálase do culto a Baal cun ídolo identificado no mundo da heráldica; se isto fose así, cousa que dubidamos, por ser un culto chegado de Asia Menor, aínda que era o deus da choiva o trono e a A misteriosa e incógnita Valura (69)fertilidade que lle acaía moi ben aos Valuros, e aínda que fose adorado polos fenicios, non cremos que houbese comercio entre Valuros e fenicios, por iso dubidamos da súa existencia en Veria.

Por outra banda, o que non admite lugar a dúbida é a crenza ou culto ofiólatra relativo á grandísima serpe denominada "Saavedra" que a lenda esconde como culto celta ou mesmo anterior, o que supón un punto álxido entre o cristianismo e os cultos ancestrais polo simple feito de que a proposición de Alceo de matar a serpe representa varrer do mundo Valuro o culto zoomorfo da serpe, dos "Saefes" (celtas) ou doutros devanceiros nosos pola aparición do cristianismo, representado pola morte do ídolo serpentino e recollido no nome da serpe chamada "Saavedra" e que o tal Alceo toma como nome para si e para a súa descendencia como testemuña do que alí pasou, feito moi corrente no cristianismo; obsérvese como enriba dos lugares de culto que tiñan os nosos antepasados, edificáronse ermidas e capelas e puxéronse santos que representasen unha parte desa idolatría para que os crentes non sufrisen un cambio total e desa maneira o cristianismo se fose introducindo dunha forma paulatina, sen grandes dificultades e segura.

A morte da serpe supón, polo tanto, o renacemento do cristianismo nunha sociedade con cultos diversos. A lenda conservada é como a escritura testemuñal e notarial da desaparición manifestada por Alceo de Verial, xa un nome cristián imbuído por un novo pensamento relixioso onde as cobras eran a representación do mal e ás que había que eliminar.

O feito de que nunha lenda houbese una cobra xigantesca coido que o tamaño da serpe non se refire a ela na lenda, senón que posiblemente estea referido ao tamaño da idolatría, segundo o cristianismo, porque as serpes, todo o mundo o sabe, non poden ter ese tamaño, a non ser que estea referida ao tamaño do mal encarnado no demo, e sendo a cobra símbolo representante da maldade, segundo a nova relixión, sería un obxectivo a bater.

Na iconografía cristiá a serpe é un dos animais simbólicos máis importantes e tamén máis complexos. No "Xénese" a serpe aparece caracterizada pola súa habilidade para esconderse e pola súa astucia... "era o máis astuto dos animais do campo que Yahvé Eloim creara"; en cambio, non pode dicirse que tivese un carácter diabólico, pois nesa época non existía na mentalidade xudia a idea de demo.

Sucede varios séculos despois cando a tradición cristiá identifica a serpe coma o demo, o texto clave é a "Apocalipse" onde se nos di que "foi expulsado o gran dragón, a serpe antiga que se chama diabo e Satán e engana a todo o mundo; foi expulsado á Terra e os seus anxos expulsados con el".

Poucos animais acadaron nas tradicións míticas e relixiosas un significado tan diverso e ambivalente como a serpe segundo nos conta Manuel Charro Gorgoto porque segundo a opinión popular, a serpe comía o po (Xén 3,14). É moi temida (Sab 17,9) pola súa astucia (Xén 3,1) e polo seu veleno (Sal 140,4) e como símbolo de falsidade (Xén 48,17), maledicencia e difamación (Sal 140,4), astuta malignidade (Mt 3,7; 23,33), perigo mortal (Eclo 21,2; Prov 23,32) mais tamén caracterizada pola súa sagacidade.
Con todas estas atribucións adxectivas negativas é lóxico que Alceo mate a serpe Valura para que o cristianismo entre como nova relixión no eido Valuro e a serpe quede como apelido da descendencia de Alceo a partir do momento en que mata a serpe chamada "Saavedra".

Pero hoxe Saavedra tamén se refire a unha parroquia do concello de Begonte onde segundo o cronista Vasco de Aponte a casa-torre dos Saavedra, arredor da que se foi desenvolvendo o núcleo de poboación, data do século XIV, ano de 1322, e destruída nas revoltas Irmandiñas no século XV.

Sería a morte da serpe un feito milagroso representado por tomar Alceo o nome da serpe? e, digo un milagre, porque milagre é que un culto ancestral se elimine e sexa a morte da serpe o comezo doutra relixión, o cristianismo. Terá algo que ver a escolla da virxe dos Milagres en Saavedra coa constancia da morte da serpe e a arribada dunha nova crenza? O que está claro é que esta romaría que se celebra no couto redondo ou xurisdición dos Saavedra tal e como Madoz deixou constancia no século XIX, ten unha gran fama en toda a Valura e atrae devotos desta e doutras comarcas.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
CHARRO GORGOTO, Manuel Ángel.- Serpientes: ni dioses ni demonios. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
MARTÍNEZ LEMA, Paulo.- Toponimia de Begonte e Rábade. Colección Terra Nomeada. Asociación Galega de Onomástica. Real Academia Galega. Betanzos. 2018.
PIFERRER, Francisco.- Nobiliario delos reinos y señoríos de España (revisado por A. Rujula y Busel). Diccionario de Heráldica, Tomo II, 2ª ed. Madrid, 1858.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES