Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recesión

viernes, 30 de enero de 2009
A expresividade do idioma permite decir con toda claridade o que se pretende comunicar, e os matices de toda comunicación só dependen da facilidade do que fala ou escribe e da sensibilidade do que escoita ou le.

Pero, do mesmo xeito, o idioma ten infinitos recursos para disfrazar os significados, e matizar contidos de maneira que resulten menos impactantes oscurecéndoos.

Vimos de entrar en recesión, que moitos entendidos chaman “crecemento negativo”. Recesión é o termo que se aplica a unha economía determinada cando por segundo trimestre consecutivo as cifras que representan ás actividades económicas presentan signo negativo.

O normal é que unha economía evolucione pausadamente pero sempre con signo positivo, de xeito que o país progresa, o nivel de vida dos habitantes medra, e todo avanza na medida en que a coxuntura e a organización económica e social o permite.

Facía moitos anos que o noso crecemento colectivo (o Produto Interior Bruto) non se detiña, e moito menos retrocedía. Pero desde mediados do ano dous mil oito a realidade é o retroceso, chámeselle como se lle chame por parte de gobernantes e especialistas, súfrase como se sufra polos diversos estratos sociais.

Temíase a recesión, o retroceso, a marcha atrás, o volver a posicións económicas superadas con anterioridade, pero a realidade está aí, agora recoñecida por todos.

Xa coñecemos a situación. Xa a notamos. Só falla que as autoridades competentes lle poñan remedio utilizando todos os recursos que o Estado pon nas súas mans. Agardemos que o fagan, polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES