Raíces e Réquiems (4)
Silva, Manuel - lunes, 21 de agosto de 2023
Milagres
Pese á crecente descrenza,
moita xente aínda cre
cós seus Santos fan milagres.
Que llo pregunten, se non,
ós fieis que, devotos, van
ós famosos Santuarios.
Ós que van a pé a Rendal
pra que a Virxe lles arranque
a dor de moas e dentes.
Ós que van ata Furelos
pra que a Santa Lucía
lles conserve ben a vista.
O mesmo que en San Benito,
onde unha Cruz xenerosa
segue facendo favores.
Miña nai e miña irmá
deron voltas, de xeonllos,
ó derredor desta Cruz.
E non convén esquecer
a San Roque, en Melide,
e As Angustias, en Moldes.
San Roque é Patrón
dos acusados falsamente,
de enfermeiros, peregrinos
e afectados pola peste.
E a Virxe das Angustias,
nai sufrinte e dolorosa,
sempre axuda ós seus fillos
en todas as súas penas.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora