Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Candidaturas

jueves, 29 de enero de 2009
Na política profesional que votamos, figurar ou non nas listas electorais é cuestión de vida ou morte. E acabamos de vivir unha nova batalla con beneficiados e perxudicados, lesionados, intocables, vivos e mortos.

Os procesos son totalmente diferentes pero igualmente dolorosos. Hai sempre un sector oficial que controla o aparato do grupo político, e é quen coloca ou descoloca candidatas e candidatos, ás veces con total imposición frente ós líderes provinciais ou locais que ven preteridos os seus candidatos sen máis posible reacción que o acatamento, sabendo que a forza radica nos esforzos locais para conseguir voto a voto, casa por casa, en sacrificios persoais que pouco significan vistos desde as alturas.

Que lonxana aquela idea de deputados de demarcación ou barrio, ós que votar directamente e en listas abertas!. Conseguiríase así unha democracia máis pura, máis directa, pero os partidos políticos verían recortado o seu poder e os aparatos dese partido non serían máis que unha temporal agrupación dos máis destacados dos elixidos.

Estar fóra das listas significa o ostracismo político e económico, e como na política actual non se da aquela antiga situación de que só se dedicaban á cousa pública os que tiñan bens para sosterse nela, figurar nos lugares de saída é imprescindible para seguir vivindo.

Porque os resultados das eleccións do próximo un de marzo xa se saben con moi pequenas variacións, e os que figuran nas listas de cada partido teñen moi clara a posibilidade ou non de chegar ó Olimpo da rúa do Hórreo.

A loita oficial aínda non comezou. Pero os gañadores xa se sabe quen son. E os perdedores tamén.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES