Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (67)

viernes, 14 de julio de 2023
Os Valuros adoradores de Serpes
Podemos cualificar aos Oestrymnios como o primeiro pobo galego cunha cultura distinta á dos iberos e á doutros pobos peninsulares. É aquí onde xorde a primeira fonte histórica referida ao noso país. Estas terras están habitadas desde o Paleolítico Superior polos Oestrymnios que aparecen nun poema escrito en latín por Rufo Avenio no século IV na súa obra Ora Maritima na que nos afirma, entre os versos 154 e 157, a existencia dun país Oestrymnis (interpretado como "Extremo Oeste", denominación moi semellante á que logo sería "Finis-terrae").
Escollamos estes versos de Ora Maritima para exemplificalo:
"...haec dicta primo Oestrymnis (est)
(155) locos et arva Oestrymnis habitantibus,
post multa serpens effugavit incolas,
vacuamque glaebam nominis fecit sui"

O mesmo Avieno fai unha descrición das costas atlánticas dicindo o seguinte:
A misteriosa e incógnita Valura (67)"Aquí xorde un alto cabo (que en tempo antigo chamaron Oestrymnis). Ao pé deste monte, os habitantes ven abrirse o seno Oestrymnico, no que se atopan as illas Oestrymnicas, cheas de estaño e chumbo; os seus habitantes son xentes fortes, destemidas, habilidosas e dedicadas ao comercio. As súas naves sucan o mar, pasan sobre as augas cheas de monstros. Non teñen naves feitas de madeira de pino nin de teixo, nin empregan outros barcos, e non te pasmes, que o fan xuntando coiros, e con estes percorren o mar salgado".
Esta descrición comprende: Armórica, Galicia, o golfo de Gascuña e as illas Británicas.
Máis adiante fala de Ophiusa que é o terreo máis occidental da Península Ibérica, da que segue dicindo:
"Ophiusa é tan ancha como a illa de Pelope na terra dos gregos, chamóuselle Oestrymnis porque o seu chan e os seus campos habitáronos os Oestrymnios, despois de que moitas serpes escorrentaran aos habitantes, delas tomou o nome a terra baleira".
Desta maneira os Oestrymnios foron expulsados por unha invasión de Serpes, pero en realidade estas serpes eran os celtas ou Saefes ("Saepes" en grego significa "serpes", o nome céltico do pobo invasor), que tiñan aos ofidios por un animal totémico e por iso Avieno denomina ao seu conxunto como Ophiusa (País das Serpes). Os Saefes entrarían en dúas etapas; a primeira no século IX e a segunda no século VI antes de XHS; con eles dá comezo en Galiza a Idade do Ferro coa chegada da chamada Cultura de Hallstatt que xeraría aquí a "Cultura Norte dos Castros" e que perduraría ata a dominación romana. A súa presenza en Galiza está constatada por escritores gregos e latinos: Avieno, Heródoto, Aristóteles-Timeo, Strabon, Pomponio Mela.
Sen dúbida que o nome que levaban significaría "Serpes", acaso na honra dalgunha divindade nacional. Nas crenzas populares galegas temos abundantes detalles que se deron como supervivencias dun culto á serpe e que a arqueoloxía e as lendas mostráronnos representacións protohistóricas de serpes, entre elas a do mundo Valuro no que tamén se abre unha cultura que tiña como animal totémico á serpe, pois moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras cunha serpe gravada que chega incluso ata os nosos días, e falo dos Valuros porque preto da cidade de Veria había un lago onde moraba unha grande serpe -á que adoraban os Valuros- e á que matou cunha maza, -di a lenda-, Alceo de Verial, tal e como nos conta Don Vicente Risco. Por todo isto é moi posíbel que os nosos antepasados Valuros adorasen esas serpes ata mesmo a chegada do Cristianismo, que é cando a serpe empeza a representar ao mesmo demo, obxecto de tentación no Paraíso e, animal, "a posteriori" obxecto sempre dun temor por parte da cidadanía chairega demasiado exacerbado, o que proba que desde a entrada do cristianismo a identificación da cobra ou serpe co mesmo demoño tivo un efecto medrado e esaxerado.
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
RISCO, Vicente.- Historia de Galicia. Galaxia. Vigo, 1971, 2ªed.
VAQUEIRO, Victor.- Guía da Galiza Máxica, Mítica e Lendaria. Guías Galaxia. Vigo, 1998
CUEVILLAS, F e BOUZA BREY, F.- Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza.en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Volume II, Ano 1929.
AVIENO.- Ora Maritima
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES