Podemos rectificar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de julio de 2023
Moitos avós están esperando este tempo de verán para disfrutar dos netos e aproveitar para mostrarlles o seu amor e máis para transmitirlles moitos valores que foron adquirindo ó longo dos anos.
A vida dos avós foi moi diferente á que leva hoxe en día a xente nova.
*Os avós viviron con menos medios e máis sacrificios; pero tamén CULTIVARON MOITOS VALORES QUE HOXE PODEN RECUPERAR OS QUE OS TEÑAN ESQUECIDOS OU
IGNORADOS:
- Os coñecementos básicos aprendíanse por transmisión oral no fogar.
- As relacións interxeracionais eran moi estreitas porque nas familias convivían persoas de diferentes idades.
- Os valores da doctrina da Igrexa Católica tiñan moito peso.
OS DOMINGOS ÍAN Á MISA E A FESTA DO PATRÓN ESPERÁBASE CON MOITA ILUSIÓN PARA VER REUNIDA A TODA A FAMILIA.
*REXÍANSE POLOS VALORES CRISTIÁNS QUE ENSINAN A AMAR A DEUS EN PRIMEIRO LUGAR.
E tamén a:
-HONRAR ÓS PROXENITORES E A TÓDALAS PERSOAS MAIORES.
Para marcar esta diferencia o trato coas persoas maiores era de cortesía en tódolos casos.
Hoxe en día non se percibe esa diferencia porque se di que todos somos iguais.
Si; pero:
¿O lugar que teñen que ocupar os proxenitores está ó mesmo nivel que o dos fillos?
Non. Claro que non.
¿O lugar do profesorado está ó mesmo nivel que o do alumnado?
Non. Claro que non.
¿O lugar dun policía está ó mesmo nivel que o dun delincuente?
Non. Claro que non.
-RESPECTAR A NOSA PROPIA VIDA E MÁIS A DOS DEMAIS:
Hoxe en día moitas persoas botan a súa vida a perder polo vicio, a droga, a vida desenfrenada...
Os fillos indesexados: elimínanse.
Os enfermos que son incómodos: tamén.
¿É esto humano?
Non. Claro que non.
-SER PUROS E CASTOS CADAQUÉN SEGÚN O SEU ESTADO:
A castidade e a fidelidade eran valores a gardar.
Hoxe en día, en moitos casos, está idolatrada a vida sexual por libre.
¿Vainos mellor así?
Non. Claro que non
-RESPECTAR OS BENS ALLEOS COMO RESPECTAMOS OS PROPIOS.
¡Canta satisfacción nos produce o que honradamente logramos con noso propio esforzo!
Se temos saúde a aproveitamos os nosos talentos: temos suficiente.
O resto: sobra.
¿De que nos serve acaparar máis do que nos corresponde se imos deixar todo aquí o día menos pensado?
Nada de nada.
-MOSTRARSE AGRADECIDOS CADA UN CO SEU.
¿De que nos vale envexar o dos outros?
Tan só para mostrar as nosas carencias.
Unha mágoa!
-MANTER A CABEZA NO SEU SITIO.
A cabeza é para estar encima dos ombreiros, non fóra de lugar.
¿Para que nos serve trasladala máis abaixo?
¿Somos animais irracionais?
¿Somos acaso reptís?
Non. Claro que non.
Somos humanos.
Somos: HOMO SAPIENS.
Podemos rectificar usando a razón.
"USANDO A RAZÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora