Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desperta do teu sono

martes, 27 de enero de 2009
O mesmo Himno galego proclama que Galicia debe despertar do seu sono, como se vivise nun sono permanente.

Non se debe tomar literalmente a mensaxe, porque a verdade é que cada vez durmimos menos, e un estudio ven de destacar que entre a poboación española está desaparecendo o fenómeno da sesta quedando reducido a so un dezaseis por cento.

Vense de facer un estudo entre tres mil españois maiores de dezaoito anos por parte da Fundación do hospital Clínico San Carlos e Asociación Española da Cama, do que se obteñen diversas conclusións que poden axudar a mellorar as condicións de vida e de sono da poboación.

O tema da sesta, tipicamente hispano, resulta que neste momento é pouco máis que un elemento diferenciador de cara ó turismo, e do dezaseis por cento que a practica un setenta e dous por cento simplemente se recosta nunha cadeira ou sofá mentras que un vintesete por cento faino de xeito completo e tradicional.

Resulta que o tema da sesta ten determinadas implicacións que poden traslucir a existencia de niveis de presión sanguínea demasiado altos, apneas ou outras enfermidades, polo que os que precisan da súa práctica pode resultar que están aqueixados de problemas importantes.

Gracias que os galegos neste aspecto parecemos ser os que mellor levamos o tema, pois do mesmo estudio resulta que algo máis do setenta e sete por cento nos levantamos cada día con excelente ánimo, seguidos do setenta e tres por cento dos baleares e do setenta e dous dos asturianos.

Durmir é tremendamente importante, porque do seu resultado depende a actividade do resto do día e a saúde da persoa. Polo que parece, despertamos bastante ben. O que se canta no himno, pois, ten un sentido máis profundo e menos literal.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania