Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (5)

martes, 25 de julio de 2023
.../...
Como foi o retorno aos infernos dos criminais de guerra mais coñecidos?

Caín. Para que non volva a saír, non hai padriño que aplique ese nome; o de Abel, si, moitos.
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (5)
Herodes. Uns sabios de Baltimore afirmaron, descubriron, que o rey Herodes, autor da matanza dos inocentes cando a infancia de Xesús, tivo unha morte atroz producida por unha enfermidade renal que acabou nunha gangrena.

Audax, Ditalcos et Minuros, asesinos de Viriato; ¿cómo os acolleron en Roma? "Roma traditoribus non praemiat!".

Nerón. No ano 68, nunha revolta dos romanos, colleu tanto medo que fuxiu de Roma, e despois diso, coa axuda dun servente, suicidouse.

Atila. Segundo Conde Marcelino, Atila, rei dos hunos e saqueador das provincias de Europa, "foi atravesado pola man e pola daga da súa propia muller".

Napoleón. Ambicionaba o mundo enteiro pero acabou acurrunchado nunha isliña, en Santa Elena; ¡e menos mal que aquela casa era grande!

Adolf Hitler. A súa morte ocorreu o 30 de abril do ano 1945, ¡onte! Suicidouse cun disparo na cabeza, xunto da súa querida, Eva Braun, que recorrera ao envelenamento por cianuro.

Stalin. Polo chan, ¡incluso a súa estatua!

Don Hermenegildo. Xa foi crueldade, outra, enterralo xunto coas súas vítimas. ¿E ninguén temeu que o atacasen, a el e a José Antonio, en vendetta?

-.-


O acelerón que lles debemos aos emigrantes
Uns 900.000 galegos son os que se calcula que emigraron para América entre os anos 1860 e 1936; a cifra exacta é incalculable pois, entre outras saídas encubertas tivemos o caso dos embarcados na Coruña nos buques ingleses, que recollían aos rapaces fuxidos, das quintas ou perseguidos da xustiza, aló na Marola, ata a que ían nas lanchiñas dos contrabandistas; diso ben o dito de que, "O que pasou a Marola pasou a mar toda".
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (5)
"La mayor parte sin embargo de los emigrantes españoles a América (en torno a los dos tercios del total) fueron transportados por navieras extranjeras -la "Mala" Real Inglesa (The Royal Mail Steam Packet Co), Cunard, Compagnie Générale Transatlantique, Societé Generale de Transports Maritimes a Vapeur, Hamburg-Amerika Line y Hamburg Sudamerikanische ("las hamburguesas"), La Veloce, Lloyd Italiano, Lloyd Austro-Americana, Sociedad Gio, Compagnie Generale de Navigazione Italiana, debido a que sus flotas eran más modernas, sus rutas más directas y menor” el tiempo de espera para el embarque (La emigración española en América, Fundación Directa).

Destes rapaces, principalmente varóns, e case ningún deles morgado, a súa resposta, a súa actitude, fronte as circunstancias sobrevidas, foi a unión rexional, Casas de Galicia, recomendacións dos que xa estaban asentados, etc.

Tan asimilada tiñan aquela integración social que, á súa volta, fose definitiva ou de simple morriña, fundaron aquí, nas súas parroquias, asociacións do tipo da Unión de Labradores, de Montecubeiro, que tanto escandalizou o Xefe da Guardia Civil José López de Haro y del Rey, en Lugo, no 1937, que causou esta placa, ¡15 fusilados, 12 homes, e 3 mulleres!

¿Está, ou non está claro, que lles estorbaba aos caciques, e tamén aos militares africanistas, a culturización da súa ¿plebe?

Aquela "Unión", ademais de proporcionar economías no logro de materia prima, abonos e maquinaria para os labregos tivo, en tan curta duración, un estalido cultural asombroso, charlas, representacións teatrais por afeccionados locais, e tamén..., ¡unha biblioteca circulante, que era algo impropio do rural naqueles anos!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES