Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Teoloxía en Lugo!

lunes, 26 de enero de 2009
A pesar de non gozar dunha Facultade de Teoloxía en Galicia, a diocese de Lugo dispón dun Instituto Teolóxico (dependente da Universidade Pontificia de Salamanca) e do Superior de Ciencias Relixiosas, a distancia, San Agostíño, (Universidade Comillas, Madrid) Algo é algo. Pobres, dependentes. Froito da nosa xa histórica pobreza. Tamén no eido da cultura relixiosa.

Esa penuria vaise paliando con varias actividades de formación. Entre elas as Xornadas de Teoloxía, abertas a todos os públicos, que se van celebrar os vindeiros días 27/28/29, ás 20,00 horas, no Círculo das Artes. Lema: ”A Teoloxía de San Paulo: luz para a sociedade actual”.

Ademais disto, durante todo o ano (por toda a diocese) hai elaborado un completo programa de actos de Formación destinados ao clero, relixiosos/as e segrares (homes/mulleres). Para todos os/as que queiran mellorar a súa formación relixiosa. Serán informados no día a día.

A pasada semana celebráronse en Lugo dous importantes e significativos actos.: O comezo dun ciclo de conferencias do bispo de Lugo, no Seminario, (que vai continuar todos os martes, as sete da tarde) e o mércores, na Caixa/Galicia, a presentación do libro “Trinidad y Sociedad -Implicaciones éticas y sociales en el pensamiento trinitario de Leonardo Boff”- que foi o tema da tese doutoral elixido polo novo doutor Mario Vázquez Carballo. Interesante e moi oportuno o tema do Libro. É necesario ter sempre presentes e como protagonistas aos pobres do mundo na vida da Igrexa. Como fixo Xesús.

A semana que acabamos de estrear tamén vai resultar abondosa: Ademais das anteditas Xornadas do martes, mércores e xoves no Círculo das Artes, o mércores, día 28, o coñecido escritor, tamén teólogo e místico, Manolo Regal, vai presentar, na Galería de Arte de Sargadelos o seu interesante e orixinal último libro: “Xesús, Aquel Home de aldea” En liña tamén co pensamento de liberación de Leonardo Boff (Brasil). Neste caso, xermolado nas entrañas do mundo rural galego.¡Todo isto pode axudar un pouco a esquecer a falla dunha e facultade de Teoloxia na Terra galega! O que temos é, realmente abondosos e bos teólogos e boas persoas. E. sobre todo, unha teoloxía viva... e vivida!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES