Pepe
Santalla, Iago - miércoles, 28 de junio de 2023
Pepe, hoxe fúcheste. Quizais canso de tantas eivas decidiches voar cara eses afectos que compartimos. Un día tamén nós faremos esa viaxe para encher a alma de reencontros. Entón atoparémosvos de novo en luz de amor.
Agora máis que nunca, tío Pepe, es memoria e exemplo para nós. Na memoria fican días eternos que ti enchías de riso e xogo. Con vós nunca faltou de nada porque sempre sobrou amor. Aceptabas calquera idea, por peregrina que fora e intentabas sempre compracer. Fuches neno cos neno e viviches permanentemente coa man aberta para quen a precisaba.
Alí onde había necesidade estabas ti: cavilando como e ata onde podía chegar a túa axuda. Sempre atopabas un xeito de contribuír e, andado o tempo, víase que aquelo daba froito; ás veces era o que ti querías, outras non pero igualmente seguías teimando en como forxar benestar...
Todo o que fixeches foi repartir felicidade: nos días de Lugo nunca faltaron xogos e risos. Alí onde non era posible rir, había verbas de ánimo e foi así como se forxou a túa entrega absoluta.
Por certo, dálles unha aperta a todos aos que tanto amamos. Quizais xa estades botando a primeira partida por esa eternidade en festa que merecedes.
Nós seguimos neste exemplo que nos deixades.
Unha aperta e desfruta novamente da liberdade...

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora