Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (64)

viernes, 23 de junio de 2023
Os Valuros e a bula da cruzada

Os Valuros segundo nos di Miñano no seu "Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal" "componían bulas pontificias, las imprimían y traducían al idioma vulgar...".

Que eran as Bulas da Cruzada? Eran achegas monetarias que realizaba a Igrexa ás A misteriosa e incógnita Valura (64)arcas do Estado por concesión papal, eran dalgunha maneira unha das chamadas "gracias" coas que contribuía a igrexa dunha forma extraordinaria.

A Bula da Cruzada foi concedida por primeira vez pola "Papa Guerreiro" ou "Papa Terríbel" (Julio II), como era chamado; apelativos que concordaban coa intensa actividade política e militar do seu pontificado.

As cantidades recadadas polos Valuros, antes de ser expulsados pola Igrexa como recadadores, utilizábanse para a loita contra os infieis, aínda que a meirande parte ingresábase na Facenda. Como se facía? Dábanselle sermóns aos fieis e consistía no pago dunha cantidade que servía para conseguir as indulxencias que se presentaban na citada bula. O sistema de recadación era o arrendamento a algunha orde relixiosa, e nós cremos que os encargados de facer o traballo serían os Valuros porque senón non se entende que estas persoas tiveran coñecementos tan importantes deste tema se eles non o fixesen antes; tamén cremos que os Valuros deixaron de efectuar estes traballos nos séculos XVIII e XIX e por iso compoñían bulas, imprimíanas e traducíanas ao galego como despeito e vinganza, posiblemente, cando deixaron de ser traballadores da Igrexa.

En que consistían estas indulxencias?
Unha bula de indulxencias é un documento papal que concedía algún tipo de indulxencias que no catolicismo consistía no perdón dos pecados e, polo tanto, das penas que estes comportan, que a Igrexa concede en determinadas ocasións (para a vida ou para despois da morte) a cambio da súa adquisición, o que se pretendía era recadar fondos para a Cruzada contra os turcos, a guerra de Granada, a construción de catedrais, a redención de cativos ou a axuda a hospitais e confrarías.

Os prezos de venda das devanditas bulas podía variar conforme fose a clase social do tomador. As bulas podían ser de dous tipos, as de vivos e as de defuntos; estas últimas unha vez adquiridas había que cumprimentar co nome do difunto cuxa alma se quixese salvar do Purgatorio.

A indulxencia consiste en que certas consecuencias do pecado, como a pena temporal do mesmo, poidan ser obxecto dunha remisión ou indulxencia (do latín "indulgentia: bondade, benevolencia, graza, favor") concedida por determinados representantes da Igrexa e baixo certas condicións. A doutrina protestante non a acepta.

Na doutrina católica, a indulxencia, non perdoa o pecado en si mesmo, senón que exime das penas de carácter temporal, que doutro modo os fieis deberían purgar, sexa durante a vida terreal ou despois da morte, no purgatorio.

Martín Lutero combate tanto as indulxencias polas almas do purgatorio como aquelas en favor dos vivos porque as primeiras referidas aos mortos, que estando nese estado de "mortos" non se poden atopar ligados aos decretos canónicos, acusando á mesma Igrexa de instrumentalizar o medo ao inferno; pola outra banda, no relativo as indulxencias entre vivos, Lutero sostén que o arrepentimento é suficiente para lograr a remisión de penas.

As indulxencias poden ser concedidas polo papa, os bispos e os cardeais, pero nunca polos Valuros, que as vendían e concedían indulxencias como nos di Miñano ao principio deste texto pois "componían bulas pontificias, las imprimían y traducían al idioma vulgar" (o de idioma vulgar está referido, claro está, ao galego, que de idioma vulgar non tiña nada por ser fillo da latín como eran os outros. Temos tamén que considerar a gallardía e coraxe dos Valuros ao traducir ao galego as bulas escritas en latín ou en castelán e aínda por riba vendelas).
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:

MIÑANO, Sebastián.- Diccionario geográfico estadístico de España y Portugal. Tomo V. 1827.
DICCIONARIO PANHISPÁNICO DEL ESPAÑOL JURÍDICO (Internet)
B.N.E (Biblioteca Nacional de España) (Internet)
WIKIPEDIA
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES