Tomar as de Villadiego
Fernández, Suso - viernes, 23 de enero de 2009
Teodosio Vesteiro Torres é un escritor do S. XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi efímera: morreo tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendencia luguesa naceo en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresou no seminario onde os éxitos académicos non se fixeron esperar, e sendo aínda estudante chegou a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871abandona o seminario sen chegar a ordenarse e trasládase a Madrid onde traballa como profesor de música e publica artículos e poesías en diversas revistas. Funda a Gaceta Literaria, colectivo. que reunirá ós intelectuais galegos residentes na capital, entre os que se atopan, amais de outros, Añón e Curros Enriquez, institución creada para contribuir á prosperidade de Galicia, que tivo unha curta vida: tan só 4 meses. Autor de Galería de Galegos Ilustres, en varios tomos e Recuerdos de Galicia, nun dos artigos deste da unha versión sobre a orixe do proverbio tomar as de Villadiego. Segundo él, alá polo S. XVI vivía en Ribadeo don Diego de Villalpandro, deudo dos condes daquela vila. Por cuestión de amoríos o tal don Diego viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando o corazón coa súa espada ó seu contrincante. Por temor á xustiza, don Diego de Villalpandro fuxíu de Ribadeo e non parou deica as poximidades de Burgos. Alí para ocultar a súa personalidade trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego.O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz viuse obrigado a requerir qué veredas tomaría don Diego.
Las de Villadiego, contestaron as xentes, e decían a verdade. O maxistrado despachou
exhortos á vila de Villadiego en requisa de don Diego de Villalpandro, contestando os de aquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: tomou as de Villadiego.
Vesteiro foi unha alma atormentada, e o fracaso da Galicia Literaria, na que puxera tanta ilusión e entusiasmo, e a influencia do espíritu romántico da época, que ás veces acadaba consecuencias límite, propiciaron que o día 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida disparándose un tiro de pistola na sien, no paseo do Prado de Madridó ó xeito que uns anos antes fixera o romántico Mariano José de Larra.
Precisamente no enterro de este último outro grnde do romanticismo español, José Zorrilla, dérase a coñecer como poeta cun poema cuios primeiros versos, decían:
Ese vago clamor que rasga el viento
Es la voz funeral de una campana;
Vano remedo del postrer lamento
De un cadáver mohino y macilento
Que en sucio polvo dormirá mañana.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora