Fonte da Portousía
Cabada Castro, Manuel - lunes, 26 de junio de 2023
Oio cantar a fonte que sanea:
e iso que é noite e a curuxa asubía.
Veño co cansazo e as angurias miñas,
mais sei que es fonte que toda te entregas.
Bico o teu manar no picho de pedra
e búleme no peito o ardor da vida.
Moito te quero, miña Portousía!
Aínda que me vou, ti quédate á espera.
Téñoche que andar camiños de terra,
mais hei de volver pra en ti me anegar!
Conto seguro coa túa presenza.
Mais se de aquí te quixeran botar,
esgrime as razóns, as túas e antergas,
pra á nosa beira sempre ti ficar.
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora