Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Edificando unha sociedade acolledora e humanizadora: mensaje aos alcaldes e alcaldesas

lunes, 26 de junio de 2023
Quero facer chegar a todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos da diocese de Mondoñedo-Ferrol o meu saúdo máis cordial e os meus mellores desexos nesta nova etapa que comeza. Xunto a eles, a todos e cada un dos concelleiros e concelleiras.

Hai unha boa política que se basea na caridade e que constrúe a sociedade desde o ben común, edificando pontes, fixándose en cada persoa, vivindo o cargo en actitude de servizo, atendendo aos máis vulnerables, buscando as oportunidades.

Os retos que temos nestas terras tan fermosas polas súas paisaxes e pola súa xentes son moi grandes, como vos indicaba nunha recente mensaxe: a interculturalidade; a inclusión social de todos; o traballo digno; a defensa da familia; o coidado e a atención dos maiores; as infraestruturas que permitan un desenvolvemento sostible; o despoboamento e o envellecemento; o coidado do medio ambiente... Son retos que necesitan o concurso de todos, porque todos edificamos esta comunidade que queremos sexa acolledora e humanizadora.

Deséxovos moita sorte, rezo por vós e as vosas intencións, e quero que contedes comigo e coa nosa Igrexa diocesana na construción desta sociedade na que estamos implicados desde a pluralidade e a complementariedade de todos.

En espera de irnos saudando persoalmente, unha aperta fraterna.

O voso irmán e amigo.
+ Fernando García Cadiñanos
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES