Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obama Rodríguez Touriño

viernes, 23 de enero de 2009
De repente, despedimos un presidente que consideramos o peor da historia, segundo da familia dos Bush, e recibimos ilusionados un novo chamado Barak Obama. Se o primeiro estreopeouno todo, o segundo vai amañar todos os problemas que temos na casa e fora. Desde agora, comeza un tempo novo para todos nós, porque todos nós vivimos nun mundo que vai gobernar este mulato que nos empeñamos en ver negro, ilusionados como cando Kennedy chegou á presidencia e co fervor dos neófitos que votan por primeira vez.

E sen embargo, o presidente que se vai fixo a política que o seu país quería, ou que entendeu que o seu país quería. E o segundo, igualmente, vai procurar cumprir coas expectativas deses estadounidentes que celebran a nova época como se fose unha excepcional festa de antroido a mediados de xaneiro.

Os dous, Presidentes do seu país. Nada que ver connosco. Mais se temos a gala marcar distancias co todopoderoso veciño de máis aló do mar.

O Obama que aquí nos interesa chámase Rodríguez (Zapatero), que tamén parece agardar o ouro e o mouro do veciño americano. O Obama que os galegos temos chámase Touriño (Pérez), que é quen patronea unha nave á que ningún Obama americano vai vir achicar a auga se o temporal nos altera a vía de flotación.

O día un de marzo temos unhas eleccións cruciais para a Galicia de hoxe e de mañá. Xa nos gustaría que tomasemos estes comicios con tanto interese como temos vivido o proceso electoral americobánico.

Ben pensado, se a política nos preocupa, en lugar da preocupación polo orde do enunciado (Obama Rodríguez Touriño), faríamos moi ben en preocuparnos polo triduo (e vai por orde alfabética) Feijoo-Quintana-Touriño. Aféctanos bastante máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES