Nai
Cabada Castro, Manuel - martes, 20 de junio de 2023
Dormes ti no baleiro do meu peito,
dende que a luz virou en noite pecha.
Só ti, nai, alí moras dende aquela
tras os ceos pechárense cun veo.
Cicelada un bo día por canteiros
pra da casa ti seres a soleira,
fronte a medos fixécheste candea
e refuxio no escuro dos invernos.
Bótote de menos, nai, miña nena.
Sonche o neno que vello me volvín.
Dáme a túa man pra me asir a ela.
Na túa aura nin morte nin fin...
Buscaremos nos ceos outra terra
onde luzan abrentes coma ti.
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora