Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (14)

martes, 20 de junio de 2023
.../...
Outro sí, máis digo:

O que me faltaba, unha peregrinaxe, ¡en auto!

(Na prensa actual: "En Portugal arrancan eucaliptos contra los incendios. Ferraria de Sao Joao, aldea del De centauros a maquinistas (14)ayuntamiento de Penela, estuvo amenazada por recientes grandes incendios forestales que arrasaron millares de hectáreas, una amenaza que también padeció Casal de Sao Simao, por lo que ambas decidieron actuar para proteger a su población y arrancan eucaliptos. Además, los ecologistas de la zona, denuncian la falta de control sobre plantaciones ilegales de esta especie arbórea foránea")

¿Aquí en Galicia? ¡Non, que fomos o Santiago de Australia! Daquela, ¿tédeslle devoción ao Santiago de Australia, ao Padre Rosendo Salvado Rotea? ¡Pois..., case! ¿Andando, tal que polo Camiño Vello? ¡Fomos en auto, por unha estrada, que nos levou o noso neto, pero equivocouse de ruta, que ata non sei se nos subiría a un avión; todo o traxecto, eucaliptos! ¿E logo, as carballeiras? Pregunteille ao neto e díxome que, como agora non se ceban os porcos, non precisamos darlles landras, como se facía nos tempos do noso Santiago, así que..., cebemos incendios, pois para iso, e tamén para os bafos catarrais, como os eucaliptos, nada, nada mellor!

¡Santiago, cierra España! Pero non nos fixo caso, que máis ben abriuna. Alí preguntei pola estación dos autobuses, por se nos fallaba o vehículo, e con iso o neto mostrounos estas ruínas, así que, nin cabalos, nin centauros, nin..., nin autobuses!
De centauros a maquinistas (14)
¡Non todo é perda, pois agora medrará a Xunta, que iso de andar xuntos é unha boa socioloxía!
O noso Santiago é o santuario das reliquias, pero dalgunhas estámonos esquecéndonos; por exemplo, pregunteille ao neto, estudante de Matemáticas, cantas reliquias roubou na Brácara Augusta o noso arcebispo Diego Xelmírez para traelas á súa/nosa Compostela, e non o sabía: ¡Pois, catro, catro ou cinco, entre elas as de Santa Susana, que a temos na Capela das Reliquias! Dinlle un consello: -Ocúpate máis das reliquias, e menos da Casa da Troia, pois aquela xeración de estudantes xa ten pouco que ver con vosoutros, porque aqueles eran uns pícaros, uns tunos, e vosoutros..., uns científicos!
En todo o traxecto, coa vista cansada dos desfile dos eucaliptais, moito me acordei daquelas labranza da miña mocidade: ¡Ai Deus, que país, e que paisanaxe..., como dixo Unamuno! Onde non hai eucaliptos, hai casas, casas e tendas..., para vender..., mercadorías importadas! Isto si que é adianto, pero, cando esgotemos as moedas, que imos comer? ¿E se dunha "Australia" pasamos a un "Sáhara"? ¡Ai Xunta, Xunta, tes que discorrer algo máis, para animar a estes científicos de agora para que ensinen a engadir valor aos nosos produtos, en particular volver á labranza, pois, importantes, non son os países que importan, senón os que exportan!
-o0o-

Xosé María Gómez Vilabella


Non sei marcharme, non sei irme, sen deixarlles este lategazo ás contradicións desta era, que igual dan en chamarlle "era Pegasus". ¿Será polo que ten de animal?

Xosé María
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES