Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juan Ramil Barja

jueves, 22 de enero de 2009
Comezando a derrotar a gripe, non pensaba sair da casa o pasado venres cando me chamaron para comunicarme o pasamento de Juan Ramil Barja, para min o curmán Juanito, mestre vilalbés, co que me unía ademáis do vencello familiar directo unha tamén familiar amizade.

Juanito Ramil Barja nacera no Freixo, parroquia de As Pontes, quizáis o punto máis alto da provincia da Coruña, onde está o monte Caxado. Era fillo de Juan Ramil, o tío Xan, irmán de meu avó materno, e miña nai sempre tivo por este parente unha querencia especial que me trnasmitíu.

Moncho Paz di de Juan Ramil Barja que era “un home prudente e amable, respectable e respectado”. Pois a esas palabras me remito. Era un home modesto, calado, sinxelo, estudioso, que se fixera a sí mesmo, que saíra da casa do Chao do Freixo para enfrontarse cunha vida de estudio e de traballo, que dedicou esa vida á familia e ós alumnos.

Por distancia, por traballo, polas circunstancias de cada día, non nos viamos moi a miudo, pero sabíamos un do outro e coincidiamos en acontecementos determinados, no Freixo ou en Vilalba.

Hai tempo sorprendeume cun traballo xornalístico sobre “PATRIOTAS CHAIREGOS OLVIDADOS: DOS VECINOS DE MOURENCE, CONDENADOS A MUERTE Y FUSILADOS POR ASESINATO CONTRA LOS FRANCESES”. Era ano 1993. Con este traballo gañou o Premio Manuel Mato Vizoso convocado polo Concello de Vilalba no XIX Certame Literario.

Tempo despois agasalloume cun libro que acabo de localizar na miña anárquica biblioteca, do que é autor o seu fillo Luís Alberto Ramil Novo. O libro que é a tese deste doutor pola Universidade de Santiago, pola que obtivo a calificación de Sobresaínte cun Laude, titúlase “APORTACIONES A LA TEORÍA DE CONTRASTES DE BONDAD DE AJUSTE PARA MODELOS DE REGRESIÓN POLINÓMICOS”.

Teño que confesarlle ó autor e á familia que conservo o libro con agarimo por quen mo deu e por quen o escribiu, pero non fun quen de introducirme nel porque ó ser puramente matemático e estatístico, non son quen de acceder ós seus contidos, e ben que o sinto.

Como se os elementos se confabulasen para que eu non pudiera acompañar ós máis directos familiares de Juan Ramil, aparte do gripazo, informáronme de que o sepelio ía ser no Freixo e aló me fun. O Freixo estaba baleiro. Todo o mundo viñera a Vilalba ó enterro. Só os eólicos se movían naquelas altitudes.

Vin a Vilalba. Tampouco. No cemiterio de Lanzós non houbera ningún enterro o venres pola tarde. Chegado a Lugo, e despois de falar co seu cuñado e meu antigo compañeiro de estudos Jesús Novo Freire, me enterei de que o enterro fora en Sancobade, case á beira do meu punto de partida.

Mágoa, neste tempo da comunicación global, nin enterarme a tempo nin enterarme ben.

Esta viaxe a Vilalba foi tristeira, curta e sen moito proveito. Valeume, eso sí, para descubrir –ignorante de min- que desde o cemiterio vilalbés á estrada de Ribadeo hai só un paso, que enche o polígono industrial. Está visto que o que non sabe é coma o que non ve.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES