Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outes e o río (1)

jueves, 15 de junio de 2023
A primeira tarxeta de Nadal que realizou o IES Poeta Añón para toda a comunidade escolar era xustamente unha "plumilla" da man de Xoán Mariño, que nos permitiu reproducir o dono da obra (Xosé Dios) e que ía acompañada duns versos de Añón. Era a identidade de Outes e nós quixemos devolverlla con toda a calidade posible, porque a estética só se ensina practicándoa, tratando aos demais como seres con gusto, que valoran a arte cando se lles presenta.
Outes e o río (1)
Moitos anos despois, nas visitas a Outes, camiñando o marabilloso paseo fluvial, escoitaba as queixas dos poboadores acerca de como aplicaban a "desbrozadora" nas beiras do río, cortando a vexetación ata a mesma auga de forma que a terra caía e se ía perdendo. Perdíanse as árbores que quedaban sen sustento, o manto vexetal e o mesmo chan; un desastre... a dúbida era se feito con boa intención. Semellaba algo de sentido común, polo tanto propoñíaslle que falaran con quen correspondía, pero aseguraban que xa o fixeran sen resultado; incluso se sentían mal porque os miraran como tomándoos a broma, algo así como: saberás ti máis que os que fan o traballo? Non sei se os representantes políticos esquecían a reclamación ou se a xente da brigada de obras actuaba pola súa conta (quen me vai ensinar a min como facer o meu labor?) pero o caso é que o problema continuou e eu vinme obrigada a escoitar iso máis veces das que quería. Non sei se tedes a experiencia de ir gozando de algo e levar ao lado alguén que sabe máis que ti e o critica, a primeira vez escoitas con atención e tentas darlle resposta, incluso te ofreces a mediar, pero chega un momento no que as palabras che lastiman. Iso me pasa a min con ese paseo, e ben que o sinto porque non sobran ocasión para adozar o espírito.

Tamén escoitei queixas polos vertidos ó río, algunha delas producida polas escorrentías de leiras (era de millo?) que enviaban auga en mal estado pola utilización dos produtos químicos que a meirande parte de Europa non permite. Vertidos que nalgún caso tiñan chegado ás augas de algúns fogares.

Agora, ponse en marcha Renatur_Outes que se presenta así: "Este proxecto, subvencionado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico conta cun orzamento de 908.800,00 €; é liderado polo Concello de Outes e coordinado polo CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais de Galicia- Norte de Portugal) e contará como socios activos con expertos e expertas das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo. Vaise desenvolver ao longo de tres anos e hai unhas semanas realizaron un seminario no que presentaron a iniciativa aos medios de comunicación, autoridades e veciñanza. A ela acudiu tamén alumnado do IES Poeta Añón e do CEIP da Serra de Outes que opinaron e plantaron unhas árbores ao final do acto, que atenderon ás explicación dos técnicos acerca das especies foráneas e que, cando nos demos conta, xa estaba eles -pola súa conta- arrancándoas. Ese é o noso maior efectivo para o tema medio ambiental, sabémolo e debemos contar con el."

Que alegría nos achegou esta corporación municipal e canta esperanza temos en que chegue a bo termo este proxecto. Nunca tiveramos tantas posibilidade de opinar e actuar e debemos aproveitalas.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES