Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (13)

martes, 13 de junio de 2023
.../...
Falando de carballos, tamén son da nosa incumbencia:

-As colmeas, tan útiles para a polinización da nosa produción vexetal. Moito preocuparse e moito falar do medio ambiente, e resulta que todo se nos volve pensar nos coches, acelerar nos coches... ¡Matemos velutinas e coidemos as nosas abellas!

-A limpeza dos ríos e de toda condución acuífera. Xa fai falta cegueira cultural para non decatarnos de que os vales, os nosos prados reverdeceron e medraron cos arrastres que foron baixando dos montes, pois..., limpemos os ríos, e non construamos ao seu nivel, que despois veñen as crecidas, e con elas ata os coches van parar al mar..., que es el morir. Jorge Manrique: "Nuestras vidas son los ríos / que van a dar en la mar, / que es el morir / allí van los señoríos / derechos a se acabar / e consumir; / allí los ríos caudales / allí los otros medianos /e más chicos, / que allegados, son iguales / los que viven por sus manos / que los ricos".

-En canto aos incendiarios, aos ígneos, que tanto gozan queimando as belezas, ¡as belezas, e con elas as utilidades, que nos concedeu o Creador aos galegos!, augúrolles que no inferno vanse fartar de lume.

-O purín (abono) botado en superficie. ¡Con dicir que ata as troitas mata, para espreitar o resto nin Pegasus precisamos!
-.-

De centauros a maquinistas (13)
Placa Policía Local

Para que diantres levarán esa placa, se canto máis se ensinan máis e mellor son espiados, agora, cos Pegasus?

Sempre me levou o diaño ver na tele as explicacións dos crimes. ¡Canto máis explican deles os locutores máis aprenden os criminais natos a encubrir os seus!

Condenada tele, que nin que a inventase Lucifer: Que existiu Eva xa o sabíamos, e que andaba en coiros antes de pecar, tamén, así que non fai falta sacar á vista mulleres que nin follas de parra leven. Queren, e merecen, igualarse cos homes? ¡Pois, daquela, vístanse, e deixen de imitar á Avoa!
-.-

Agora a pensar, a pensar e a frear, a controlar, para aprender a distinguir entre adiantos útiles e retrocesións brutais. Antes que espiar ao veciño compre espiarnos a nós mesmos, e así reconstruírnos..., antes de que se caia a nosa torre de Babel, do mal construída que está, que está sendo! ¿Quen? ¡Quen vai ser: a civilización global, atea, satánica, desta era atómica!
De centauros a maquinistas (13)
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES