Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Economía submerxida

miércoles, 21 de enero de 2009
De cando en cando, o país oficial acordase do país real. Pero só é unha casualidade.

A vida real está na rúa, traballando ou en paro, con factura ou sen factura, en blanco ou en negro, pagando impostos ou sen pagarlos.

O tema ten mellorado moito, nada que ver con tempos pasados, pero aínda se coñece a abismal diferencia entre as cifras oficiais e o que supón a actividade económica que nos rodea.

Os técnicos do Ministerio de Hacienda estiman que en Galicia, somente no capítulo de alugueres non declarados, escápanse anualmente do fisco máis de sesenta millóns de euros.

Primeiro A Coruña, logo Pontevedra, despois Ourense e finalmente Lugo establecen unha escala descendente deste desfalco, que é unha moi pequena parte do desfase total da economía galega, na que se considera existe un fraude superior ós dez mil millóns de euros, que serían douscentos oito mil millóns de euros a escala do estado español.

Sabe o Ministerio que o maior fraude está na compra-venda de inmobles, na actividade das pequenas e medianas empresas e nos coches de alta cilindrada.

Non queremos especular o que podería facerse na nosa comunidade con ese diñeiro negro convertido en diñeiro legal, polo que se cotizase e esa cotización revertise na sociedade.

Simplemente hai que ter en conta que se Hacienda, que somos todos, sabe que esa é a situación ten que poñer medios abondos para que a situación se vaia solucionando. Se non, o resultado será fomentar o fraude, a economía submerxida, o “sálvese quen poida”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES