Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (63)

viernes, 16 de junio de 2023
O Tribunal de Cruzada e os Valuros

Os Valuros cando deixan de ser recadadores de esmolas, chámenselle impostos encubertos no ámbito relixioso, é cando se supón que comezan a enganar aos fieis, e isto cremos que acontece a finais do século XVIII que é cando a súa fama de troleiros e de falsos demandantes parece ter lugar, pois nos séculos anteriores, XVII, XVI e XV son A misteriosa e incógnita Valura (63)"questores" dos mercedarios recadando esmolas para a redención dos cativos, tamén son recadadores chamados "ministros" do Hospital Real de Santiago no século XV, mais algo debeu acontecer no século XVIII para que os Valuros non sexan traballadores da Igrexa.

O mesmo Miñano no seu dicionario de 1826 e na páxina 226 do tomo V continúa dicindo o seguinte, que vén confirmando o que presentimos "componían bulas pontificias, las imprimían y traducían al idioma vulgar, fingiendo también la presentación al tribunal de Cruzada".

Que era o antedito Tribunal de Cruzada? O Tribunal de Cruzada foi fundado ou instituído a finais do século XV polos mal chamados Reis Católicos -porque o que se di reis, si que o eran, pero de católicos soamente tiñan o nome- e a principios do século XVI, Carlos V elevou o citado tribunal á dignidade de Consello Supremo até que no ano 1750 se converte en "Comisaría General de Cruzada". O Tribunal de Cruzada tiña ao seu cargo todo o pertencente á execución, impresión e distribución da Santa Bula, a administración dos seus produtos e a aplicación deles á guerra contra os mouros. Outro dos cometidos do Tribunal de Cruzada era o recoñecemento e o seu pase das bulas de indulxencias que os mesmos Valuros adoitaban presentar para cobrar as esmolas, nisto eran moi astutos os nosos Valuros por levalo facendo ao longo dos séculos como "questores" e "ministros" dos conventos; por iso cando xa non eran representantes da igrexa, eles seguían presentando as bulas ao Tribunal de Cruzada e tendo a desvergoña incluso de presentalas "después a los señores obispos y párrocos, exhortándolos a su cumplimiento y a alistarse en sus figuradas cofradías, a cuyos hermanos concedían millones de indulgencias plenarias y parciales, exigiéndoles dinero ó cosa que valiese para su recepción, dándose por apoderados de las dichas cofradías” (Miñano).

É dicir, os Valuros fan o mesmiño que fixeran ao longo dos séculos, pois eran recadadores legais e postos pola Igrexa para tal fin, coa observación de que a partir do século XVIII pensamos que xa non están en nómina e eles mesmos por esa razón seguen pedindo e finxindo ser representantes legais da Igrexa cando isto non era verdade, tamén cremos que é a partir deste intre cando piden para soster as once mil virxes cantantes da lagoa de Caque, tamén chamada de Bardancos -segundo nos relatan os historiadores do XIX, como poden ser Murguía ou o mesmo Miñano- e que non deixan de ser as multitudes de ras que había e que aínda hoxe hai na citada lagoa.
Salve Valuria!

NOTAS:
MIÑANO, Sebastián.- Diccionario geográfico.estadístico de España y Portugal. Tomo V. 1827.
DICCIONARIO PANHISPÁNICO DEL ESPAÑOL JURÍDICO (Internet)

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES