Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (62)

viernes, 09 de junio de 2023
A Valura é a denominación primixenia

O dicionario de Miñano cando comenta a entrada relativa a "Luaces" de Mosteiro, Lugo, expón seguidamente a denominación máis recoñecida en 1826 cando di o seguinte "Esta jurisdición confina con Asturias, y pertenece a la tierra llana que llaman Valura, en la cual hubo y todavía hay los Valuros".

Como podemos observar, a denominación de Valura non deixa lugar a dúbida e o nome de "tierra llana" aparece con letra minúscula, o que nos leva a pensar que non semella A misteriosa e incógnita Valura (62)unha denominación clara na época porque este nome de tierra llana ao estar escrito en letra minúscula dá a entender non ser un nome de comarca, mais o de Valura o autor escríbea con maiúscula, queréndolle dar un rango máis importante a esta denominación.

Tamén Vitor Vaqueiro na súa Guía da Galiza Máxica ten moi claro o que segue a continuación: os Valuros son "moradores das montañas coñecidas como Valuras, de onde toma o seu nome". Deste parágrafo temos que destacar que o nome de Valuro, segundo Vitor Vaqueiro, procede dos moradores das montañas Valuras, feito que nos pon en correspondencia co étimo do que levamos falando nestes capítulos como procedente de "Valura", é dicir, das montañas que constitúen a valadura da terra chá que, a ben seguro, deriva de "vallaturus-vallatura-vallaturum".

Non obstante Miñano, xa no 1826, estanos constatando que "pertenece a la tierra llana que llaman Valura, en la cual hubo y todavía hay los valuros". Por suposto que hai Valuros, porque sempre os houbo e sempre os haberá ao ser o lugar de residencia dos habitantes que comprenden esa extensa zona entre montañas, pero o que máis nos desconcerta é cando di "todavía hay valuros", como se os Valuros foran desaparecendo por arte de maxia da súa zona vivencial e habitada. Que nos quere dicir Miñano? Pensamos que o que nos está indicando é que o significado de Valuro foise pouco a pouco corrompendo froito dunha transnominación continuada do seu significado, pasando de ter un contido de "habitante da Valura" a estar encarnado o seu significado por unha serie de persoas chamadas "Valuros" que non representan o sentir xeral dos habitantes senón o relativo posiblemente a aqueles esmoleiros, chamados valuros, que tiñan unhas connotacións moi negativas froito, moi probablemente, de que os traballos que tiñan durante os séculos XVI e XVII e moi posiblemente antes destas datas como recadadores de diñeiro para os Mercedarios e o Hospital de Santiago, entre outros, fosen botados deste traballo polos monxes, e ao non ter outros traballos aos que se dedicaren sexan -como di Miñano-, "conocidos por otro nombre con el Falsos Demandantes", porque para vivir hai que botarlle enxeño, por iso, é moi sospeitoso que o oficio de esmoleiro con connotacións negativas se orixine a partir deste momento tratando de enganar á xente co mesmo traballo que tiveran ao longo dos séculos, o de ser recadadores da Igrexa, coa variante de que agora piden para eles mesmos por non ter de que vivir a causa moi posiblemente de que a Igrexa tivese que botalos fóra por algunha razón, fose porque non os necesitase, fose pola Desamortización de 1798 durante o reinado de Carlos IV coa chamada Desamortización de Godoy ou por outras cuestións que, hoxe en día, descoñecemos.

Salve Valuria!

NOTAS:
MIÑANO, Sebastián.- Diccionario geográfico.estadístico de España y Portugal. Tomo V. 1827.
VAQUEIRO, Vitor.- Guía da Galiza Máxica. (Guías Galaxia). Vigo 1998. Páx 148.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES