Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡O soño de Luther King!

martes, 20 de enero de 2009
Á mesma hora que redacto esta improvisada reflexión toma posesión da nación máis poderosa do mundo (EE.UU. de América do Norte) o presidente electo Barack Huseín Obama.¡O de moitas esperanzas para moitas persoas! Para brancos e para negros. Para os de todas as razas, relixións e culturas. ¡Unha boa noticia! Coido que tamén con acenos de ser manipulada. ¡Que Deus o bendiga e o axude! Ningún dirixente do mundo provocara tanta esperanza.

O día 15 deste mes do ano 1929 (hai 80 anos) naceu Martín Luther King, “o gran enxergador de esperanzas” (di Afonso de Guitiriz, en Irimia) Aos seus 34 anos (28 de agosto do 1963) ante unha enorme multitude de persoas (de raza negra) na famosa marcha sobre Washington, para celebrar o centenario da emancipación da escravitude e a prol dos Dereitos Civís proclamou, entre outras fermosas ideas, as nadas dun “fermoso soño, daquela” que xa se foi realizando, pouco a pouco, aínda que só en parte”. De todos nosoutros depende sexa total.

Velaí unhas frase lapidarias. ¡Claras, fortes e certeiras! Que mesmo tivo que pagar coa súa propia vida. Ao xeito de Xesús. Palabras e vida semellan arrincadas do Evanxeo. Vale a pena miralas e/ou escoitalas de vagariño:

“Todos os homes fomos creados IGUAIS. Un día, escravos e propietarios, sentarémonos xuntos na mesa da FRATERNIDADE. Teremos un oasis de XUSTIZA E LIBERDADE. Que os nosos catro fillos non sexa xulgados pola cor da pel senón pola súa REPUTACIÓN. Brancos e negros daranse a man como IRMÁNS. Chegará a Liberdade para todos os fillos de Deus. Brancos e negros, xudeus e xentís... Seremos capaces de ter PAZ, e, por fin, LIBRES”.

Andouse camiño. Tanto que, co andado, hoxe mesmo, pasou de ser posible a facerse real, o feito de que todos nós, poidamos ser testemuñas privilexiados do que acaba de acontecer nos EE.UU. Grazas a milleiros de persoas, en todo o mundo, que viven co espírito e o traballo de Luther King. Seguen a ser necesarias (imprescindibles) moitas persoas que actúen ao xeito deste mártir da integración. E que todos nosoutros, sigamos ese camiño. O futuro do novo presidente que sementa tamén moitas esperanzas, non lle vai resultar doado levalo adiante. Está no medio de moitos pillos e poderosos con outros intereses creados polo medio. Non nos fagamos demasiadas ilusións para no quedármonos tamén demasiado frustrados. Volveremos.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES