Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

50 anos de 'Fuxan os Ventos'

jueves, 08 de junio de 2023
Probablemente viñeron aquí enganados porque os invitaron a presentación dun libro que recolle a historia de Fuxan os Ventos e o que se presenta é moito máis. É a historia da música galega en xeral. Historia da cultura 50 anos de 'Fuxan os Ventos'galega. Historia duns tempos difíciles. E a historia de compromisos sociais e tamén da resistencia nuns tempos para esquencer. E tamén, claro, a historia de Fuxan os Ventos. Unha non poden ir sin a outra. Porque Fuxan non é só un grupo musical que surdíu nos anos 70 e que tivo unha grande repercusión. Incluso máis. É o estandarte dun compromiso cultural, social e político. É parte das nosas vidas. O aradiño. Dame lume. A saia da Carolina e a propia de Fuxan os Ventos son a banda sonora duns anos estupendos da nosa existencia, entre outros motivos porque éramos novos.

Éramos novos e tíñamos unha ilusión incontible por sacar adiante un país que saía dun túnel de 40 anos. Víctor Jara, Raimon, Serrat, Yupanqui, Cafrune e tantos outros marcaron o camiño a seguir. E tamén Fuxan os Ventos desde aquel 22 de outubro de 1972 cando os descobrimos no festival das San Lucas de Mondoñedo.

E aquí neste volumen está a súa historia. A coñecida e a descoñecida. A que se escribiu e a que non foi posible escribir ata agora porque se terxiversou ou ocultou. A dos desencontros, que nos descubre Mero. E decíalles que está tamén a historia da música galega. Suso Vaamonde, Bibiano e Benedicto, Miro Casabella, Xoán Rubia, Pucho Boedo e Os Tamara, Os Satélites; Os Players, Xocaloma, Saraibas e Milladoido e todos aqueles que subiron a un escenario neste país teñen presenza e recoñecemento nas páxinas desta obra. Como os nome máis destacados da cultura. Neira Vilas, Díaz Pardo, Paco Martín, Novoneira, Manuel María, Fernández Paz e Xavier Docampo, entre outros. Recorda Mero nestas páxinas que "foi un tempo máxico e encantado, non só nas persoas senón en feitos. Un tempo eficaz, de rendemento, orixinal, convincente, fermoso, virtuoso e modélico, harmonioso e sonoro".

Fuxan nace, a decir deste dos seus creadores, co obxectivo de "traer algo novidoso, lonxe das vellas fórmulas. E por iso, "aquilo de Fuxan resulta aínda a paisaxe de algo precioso, de persoas e aconteceres no escenario e nun fervedoiro de compracencias. Todo ía ben, na ausencia de intereses materiais. Cando comezou o grupo pensaba que aquilo sería escaso, tería uns prazos. Aquilo deu en florecer".

E floreceu e chegaron os éxitos porque, según Mero, "había palabra e expresión, había calidade musical, había "fusión", había traballo de antropoloxía cultural e inmaterial, había "militancia", había un forte contido nacional-popular". Aínda máis. "Era aquela xente un grupo de ledicia propicia para a música e a canción e o comezo dunha fermosísima ilusión". Pero aparecen as primeiras discrepancias.

Houbo disidencias no grupo, que Mero considera lóxico e normal. Unha primeira en Monterroso, en 1974. Marcharon moitos e continuou, coa indefinición de varios. Despois no 75. Unha máis no 77/78. No 1983 houbo outra, e en 1984 marcha Mero. É cando nace A Quenlla. "Novos temas, nova andaina, pero recollendo o que Fuxan deixou de compromiso en canción. Sen comercializacións, votos, proselitismo ínfimo ou mentido".

¿O motivo de tantas disidencias?. Xurdiron dúas tendencias. Unha orientada a un folclore universal, e outra comprometida coa cultura e a identidade galega. Porque todos sabemos que sempre hai un momento no que xurden problemas e a sintonía acaba por romper. Ocorre ata nas boas familias. Os irmans que formaron Creedence Cleawter Revival. Oasis ou Bee Gees; tamén os irmáns Jack acabaron rifados. Sen posibilidade de reconciliación. E, como non podía ser menos, o mesmo ocurreu naquel mítico Fuxan os Ventos que, por unha banda seguíu un camino, sin ser nunca máis o que foi, e que por outra, deu paso a outro grupo non menos importante como é a Quenlla.

É lóxico. Porque "hai que recoñecer que teñen que ser moi firmes os postulados para manterse na liña inicial de supervivencia, de creatividade, de oportuna comparecencia. Si, porque había presións e paus nas rodas. E tamén cambian -sen querer- as circunstancias e tamén cambiamos nós. Fuxan os Ventos non había de ser distinto". Quenes estivemos o lado de Mero e seguimos paso a paso os avatares, como é o caso de Xulio e o meu, sabemos ben do doloroso que lle resultou aquela etapa. Pese a que moi pronto, como lles decía, nace a Quenlla. Pero non é fácil desfacerse dun proxecto tan exitoso e ilusionante que non era outro que "devolverlle a dignidade á cultura tradicional por medio de música tradicional e seleccionar textos de autor que criticaran a realidade social de Galicia", unha idea que para Mero foise perdendo no tempo. "Aquel grupo inicial do que me sinto tan orgulloso non se deitaría hoxe con institucións nin organismos oficiais. A cultura ten que estar por riba de todas as siglas e estar libre de ataduras".

O grupo pártese, dí Mero porque esqueceu devolverlle a identidade á cultura tradicional". E porque "falaron covardías, e aceptaron que "xa hai institucións 'galegas' que defenden o que nós viñamos defendendo no escenario, é momento de cantar con menos compromiso e mirando máis na estética, no trasfego de supostos beneficios". E 40 anos despois Mero decídese a recuperar esa historia non contada. ¿Por qué? ¿Por qué agora? Sobre todo porque xa non resistíu as presións de Mato, da familia e dos amigos máis próximos. E porque había que contar a realidade do acontecido. Da ruptura. Dos que se apartaron dos principios fundacionais. Mero así o recoñece. "Hai xentes", escribe no prólogo, "que teiman insistentemente se se tiña ou non que entrar neste exercicio de repaso, se sería mellor deixalo todo no silencio, coa versión única que outra xente deu".

Pero é que ademáis, porque "tiña unha pequena espiña por contar a miña versión despois do tempo pasado. Durante anos calei, non por covardía senón por ese estado de educación, claramente absurda. Observei declaracións desacertadas e alleas, de varias persoas que se xustificaban na incerteza ousada, acompañadas de lagoas e dun certo carácter procaz, con escasa evidencia. Tanto en público como en privado espallaron sentenzas difamatorias, produto, supoño, do seu certo fracaso".

Eu fun dos que o animou a facelo. Porque, na miña opinión, a historia real é a que narran os protagonistas. Eu podería escribir unha historia de Fuxan os Ventos, como podo facer a dos Beatles ou a de Juanito Valderrama. Recurrindo os xornais, arquivos e testemuñas. Pero será sempre historias incompletas, desde a distancia, que non se axustarán a verdade exacta do ocorrido. Da honestidade do libro da idea esta idea. "Repito que esta é a 'miña' verdade". O repite varias veces.

E ademáis dí. "Quero supoñer que este relato non se interpretará como "o verdadeiro", nin quere selo. É o que eu penso, aínda que si será diferente daquel outro que insistentemente deron en contar. As percepcións son, afortunadamente, sempre distintas. Esa é a grande virtude humana, a que non discrimina, sendo plural. Ninguén ten a exclusiva da certeza e cadaquén constrúe os fantasmas que quere coas súas sombras. Contarei o que penso, Evitarei imprecisións voluntarias no posible".

Por eso defendo este tipo de implicacións. Ainda que supoñan un grande sacrificio por parte de quen o fai. Non lle foi doado a Mero decidirse. Porque, según dí, "lembrar pode ser un revulsivo e dar lugar a unha reacción de rexeitamento. Recontamos á nosa maneira, deformamos realidades e feitos que nin sabemos ou inventamos".

A escrita do libro, en palabras do propio autor, "me fixo padecer de novo aquela rotura do grupo co compromiso social e de regreso ao rural, que eran os principios básicos". Pero, pese a todo, o balance que fai Mero non pode ser máis optimista. "A experiencia de Fuxan foi preciosa, moi bonita, unha loita, unha posta en común. Deu resultados satisfactorios. Que máis se pode pedir! Foi un compromiso de cantarnos a nós, para todos nós, para dicir que estamos aquí, que estamos vivos e temos todo o necesario para existir, e que o dereito e a razón nos asisten. Sucedeu nun contexto difícil, de problemas e miserias, mais coa complicidade da sociedade que tiña desexos de identidade, en contra da xente do señorío".

"Aquilo foi un soño fermoso, que no tempo quebrou", laise Mero. "Era puro, íntegro e enteiro. Tiña semente de durar en anovada confianza, transparencia. Comezaron dúbidas e prexuízos, como pasa sempre. Quizais envexas, sospeitas. Sentenciamos fallos de transparencia. Non hai culpables, a culpa veu dada na sorte dun destino, sen máis. Foi unha secuencia entre moitas secuencias posteriores e felices. Fóra diso, volveu a vida. Ninguén é vítima de nada".

Mero é un inconformista. Un protestón. Un gruñón. Pero é honesto. Íntegro. E decente. En todos os aspectos da vida. A él, como a Xesús Mato e a Mini, témoslle que agradecer ser o creador, impulsor e o mantedor do grupo durante anos. O que marcou a filosofía da formación. Un dos tres que leva a Fuxan desde o festival das San Lucas a percorrer medio mundo para actuar nos festivais máis destacados e xunto a outros grupos ben coñecidos.

Creo que todos os que estamos aquí e moitos dos que non están compartimos a necesidade de que nestes momentos tan convulsos, tan irreais, tan falsos, e tan destartalados, viríanos ben un Fuxan os Ventos como aquel que naceu hai medio século para dicir que estamos aquí, que estamos vivos, que temos todo o necesario para existir, e que o dereito e a razón nos asisten. E para despertar conciencias. Diante desta apatía xeral na que vivimos.

Así que benvido sexa 'Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío'.
Sánchez Pombo, Ernesto
Sánchez Pombo, Ernesto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES