Todo ten amaño
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de junio de 2023
¿Permíteme que lle faga unhas preguntas?
Voullas facer porque aínda que sexan indiscretas, pois: ninguén máis que vostede vai saber a resposta.
¿Cantas veces deixa rebeado máis da conta por cousas que non merecían tanto disgusto?
¿Cantas veces se preocupou por algo futuro que nunca chegou a suceder?
¿Cantas veces pensou que neste mundo tan só hai maldade e falsedade?
Pensamos mal moitas veces porque sufrimos moitos desenganos.
Hai ocasións nas que incluso chega a verse tocada a nosa saúde física e psíquica, porque sufrimos demasiasdo por cousas que non son para tanto:
-SUFRIMOS PORQUE NOS DEFRAUDOU UNHA PERSOA NA QUE CONFIÁBAMOS PLENAMENTE.
Natural; pero...
¿Sen a confianza desa persoa non podemos seguir o noso camiño?
¿Non podemos buscar outras alternativas?
-SUFRIMOS PORQUE NON CONSEGUIMOS UN DETERMINADO POSTO DE TRABALLO.
Hai moios traballos que podemos facer.
¿Non podemos encontrar outro tan bo ou quizais mellor?
A persoa traballadora, sempre encontra como gañarse honradamente o pan de cada día.
-SUFRIMOS PORQUE NOS PARECE QUE A NOSA VIDA É MÁIS DURA QUE A DOUTRAS PERSOAS.
Sabemos moi pouco dos sufrimentos dos outros.
Se verdadeiamente souberamos a vida que levan os outros, seguramente nos sentiríamos bendicidos coa vida que nos tocou.
-SUFRIMOS PORQUE O MUNDO VAI MAL...
Non está nas nosas mans poñerlle remedio a todo, basta con que cumpramos cos nosos deberes de cada día e xa temos motivos para confiar que melloraremos pouco a pouco.
-SUFRIMOS POLO FUTURO DOS QUE VEÑEN DETRÁS... O que nos tería que preocupar e ocupar en boa medida, sería o que temos que facer no presente: educar en valores, bos exemplos... O futuro é froito do que facemos no presente.
-SUFRIMOS PORQUE SE NOS FOI UNHA PERSOA MOI QUERIDA A UNHA IDADE TEMPERÁ...
Naturalísimo que o sintamos; pero...
¿Quen somos nós para xulgar os días de vida que lle tocan a cada persoa?
¿Parámonos a pensar que a vida é un regalo con data de caducidade e non se mide pola cantidade, senón pola calidade?
-SUFRIMOS PORQUE CANDO NOS FAN ALGÚN MAL, XA PENSAMOS QUE TODO É MALDADE.
Pode que alguén nos faga mal; pero tamén hai moitísimas persoas que nos fan moito ben. A fin de contas: esas son as que merecen a pena.
Afortunadamente hai:
-MOITÍSIMAS PERSOAS QUE SABEN RECONSTRUÍR A SÚA VIDA A PESAR QUE SUFRAN MOITOS DESENGANOS.
Son conscientes de que os humanos non somos perfectos. Tamén hai moitísimas persoas cunha fidelidade a proba de bomba.
-MOITÍSIMAS PERSOAS QUE SON MOI FELICES FACENDO TRABALLOS MOI HUMILDES porque os fan con moito amor e eso é o principal motivo de satisfacción laboral.
-MOITÍSIMAS PERSOAS PERSOAS CON SAÚDE DELICADA, ECONOMÍA ESCASA, CONVIVENCIA REGULAR... que saben soportar con paciencia eses problemas e lévanos con dignidade.
-MOITÍSIMAS PERSOAS QUE CONFÍAN NUN FUTURO PROMETEDOR porque loitan con tódalas súas forzas para que todo vaia mellorando pouco a pouco.
-MOITÍSIMAS PERSOAS CONFÍAN NUN FUTURO BO PARA OS SEUS DESCENDENTES porque os educan para loitar por un mundo mellor para todos: a boa educación fai maravillas.
-MOITÍSIMAS PERSOAS QUE DESPIDEN SERES QUERIDOS A IDADES TEMPERÁS; pero aceptan que xa alcanzaron a súa meta, e esperan que intercedan desde a outra banda polos que imos en camiño.
"A ESPERANZA NON DEFRAUDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora