Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (12)

martes, 06 de junio de 2023
De centauros a maquinistas (12)
.../...

De profundis clamavi

¡Iso non pasaba nin na noite escura da Santa Compaña! ¿Deus, cando aprenderemos que hai que andar polo dereito na vida, cando? ¡Olla que xa estamos no XXI, e seguimos abusando da Natureza!

-.-

As árbores de Paraíso

Nacín e crieime nun país de árbores, que así é esta Galicia dos meus amores, así que esa debe ser a razón, a motivación, de que tanto me intrigasen aquelas árbores do Paraíso; lévolles preguntado, cen veces, a tódolos Curas ilustrados que coñecín, que foron a maioría deles, pero non me deron explicacións, alegando que iso non consta no Xénese. ¡Por algo tiven, e conservo, esta afección pola botánica, en particular pola sequoia sempervirens, esta árbore de longa vida, que igual xa a había daquela!
De centauros a maquinistas (12)
En América hainas que pasan dos 3.000 anos..., pero o Paraíso xa foi antes diso! Ao autor do Xénese nótaselle que tivo moitísima vergoña en darlle grafismo á soberbia/debilidade volitiva da Avoa, así que, igual que fixo o Mestre, tampo adiante, con outras explicacións difíciles de entender, deulles ás metáforas, aquilo das mazás, etc.

(Sequoia sempervirens. Es un árbol perennifolio que puede alcanzar más de 100 m de altura y hasta 4,5 m de diámetro en su territorio de origen. Las hojas se encuentran en disposición dística; son lineares, aplanadas, decurrentes en la base, agudas en el ápice y de consistencia subcoriácea).

¡Será cousa de esperar, de esperar pola miña subida, que daquela, como Eva xa está redimida pola súa conxénere, pola Virxe María, coido que non terá inconveniente en facerme un retrato do seu Edén!

Outra cousa lle quero preguntar: ¿Quen foi o pai de Caín, Adán ou Lucifer? Que iso tampouco nolo aclara o Xénese.

Deixo dito que plantei árbores, xa nin sei cantos, pero pasan dun milleiro; o que me falta por dicir, por informar, son as causas do meu vicio: Pasei dez anos, entre Ifni e mailo Sáhara, así que..., as circunstancias!

Lin nalgunha parte que hai referencias de que a Prisciliano encantáballe misar debaixo dos carballos; e a min apañar as landras, para compracer aos porcos, que ben se lles notaba o pracer que poñían en deglutilas.

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES