Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A min tamén me tentou... ¡O demo!

lunes, 05 de junio de 2023
"Das millentas falcatrúas/ Que nos fan e que facemos/ ¿A quén se lle bota a culpa/ Na miña parroquia?.../ Ó demo!:
O demo apaga os candiles,/ O demo queima os palleiros,/ Entra o demo nunha casa/ I anda todo ós catro ventos;/ N'hai reparto de consumos/ Sin intervención do demo;/
El é o que mata i esfola/ I o que revolve o concello;/ Él é quen me tenta a min/ Sempre que publico versos;/ I ás mozas que están... Pra diante Tamén as tentou... ¡o demo!"

("O DEMO.Noriega Varela, 1904).

Quería deixar pasar o balbordo das "Municipais" para volver sobre as "LETRAS GALEGAS 2023". Porén o diaño non deixa de revolver e xa non sei se é para ben ou para unha desfeita. Estou a desgusto. Pero..., que se desgusten eles!

O noso Vicente Risco ten unha ampla etnografía sobre a "Historia do Diabo". E concretándose na Galiza fala do satanás, o demo maior, o maligno. Ese, arrenegado sexa el ou quen o represente! (E son lexión como din os Evanxeos).

Porén, Risco segue a falarnos dunha restra de demachiños menores e familiares que máis ben son uns pillabáns e andan a xogaren connosco para que nós aprendamos a xogar coa vida e restarlle dramatismo.

Xa os mesmos nomes son unha ledicia: trasno, tardo, fedello, trasgo, alfandegueiro, falcatrúas, falcatrueiro, aduaneiro, cañoto, carocho, traveso, traste, perello, pedro chosco, xúcaras, etc.

Eses nomes sempre van acompañados polo artigo 'o', que os precede. Pero hai un deles que está folgado e non pilla o sono. E ao nonter que facer, pola noite todo o revolve e descompón: tira as olas do leite, revolve nas potas, vai o zucre, mete o dedo nas lambetadas e lévao a bocaou rasca onde lle picae fai outras trasnadas propias do seu aburrimento. Cando pola mañá vemos a desfeita: maldicimos del".

E, máis tarde, sen sabermos como, todo se recompón, e volve ao seu. Daquela faise ver ou aparece no maxín. E é cando nos decatamos que foi o tardo ouo pesadelo. E fainos rir, que é o que nós precisamos. E el pásao ben. E mesmo mira para nós e pon olliños e cara de parviño tenro! E que lle vas facer? Matalo?

Así pasa co "Xás", da versión galega da obra de Shakespeare: "Soño dunha noite de verán". Mesmoparece coma se fose un precedente da psicoloxía positiva de Seligman: Desdramatizar! "Nunca nada é tan terríbel". Cómpre sermos positivos!

Eu non sei se foi el ou llo encargou a Xunta da Galiza. Pois dá mostrasou polo menos parece que tanto a lingua galega coma certos literatos non lle son persoas moi gratas. Estoume a referir, v.gr.: a D. Ricardo Carballo Calero.

Esperaron a que chegara o COVID19. E del nin se falou cando tanto lle debemos. E agora, pasa con D. Paco Fernández del Riego. Aparecen as Eleccións e por triplicado e velosaí andan as liortas e o que fica aínda ata chegarmosao outono. E el fica no silencio! Un pobo que non sabe nin quere saber de si, morre!

Pois como o 'Xás' anda un pouco preocupado e con sentido de culpabilidade, encargoume a min que vos dixera que hai unha entrevista que Tino Santiago, de COVAS- Ferrol, que lle fixo á irmá de D. Paco, que xa ten 101 anos.

É unha verdadeira delicia escoitala. Non se coñece moito. Pero vale moito a pena. Polo menos eu gostei moito dela. Será porque eu tamén vou vello e preciso moito da filosofía do Xás. Felicito a Tino. Dura media hora.

Apertas. Xaquín de Roca.

Atoparédela aquí:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/video-mp000293-2758-6134690
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES