Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (61)

viernes, 02 de junio de 2023
Carta aberta á Real Academia Galega

Benqueridos Académicos e principalmente o/a académico/a que senta na cadeira referida á letra "V", porque é Vostede o/a que dalgunha maneira ostenta visibelmente a esperanza do que nesta carta lles vou expoñer, e queira Deus que ao recibo da presente se atope Vostede ben de saúde para poder afrontar os cambios que con toda A misteriosa e incógnita Valura (61)amabilidade e estima por Vostede e pola nosa lingua ten o que isto escribe.

PRIMEIRO.- No dicionario da RAG. está recolleita a verba BALURO como substantivo masculino e cunha única acepción: Home con coñecementos de medicina ao que se lle atribúen certos poderes, que realiza curacións, adiviña o porvir etc.

Esta acepción parécenos adecuada pero non como un primeiro significado porque "Valuro" ha de ser o xentilicio que indica a denominación dos habitantes da Terra Chá.

SEGUNDO.- A súa escrita ten que ser co "V" porque Valuro procede do latín "vallaturus-vallatura-vallaturum” en referencia ao "valado" que conforman as montañas que circundan esta terra. Polo Norte están os montes de Abadín, A Pastoriza, pola Corda e pola serra da Carba; ao nacente a serra de Meira; ao poñente o cordal de Montouto e a cova da Serpe, e polo sur o altiplano lugués, os montes de Fitoiro e a serra de Outeiro Maior. De "vallatura(m)" obtemos "Valura" que é a denominación da "Terra da Valura" ou "Terra Chá" e na “Valura" habitan os "Valuros", sempre co "V" e nunca co "B".

TERCEIRO.- Outros dicionarios contemplan a acepción "Valuro" con "V" como ocorre con Dicionario Estraviz que como segunda acepción ten o de "Chairego, habitante da Terra Chá".

O "Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal" de Sebastián Miñano, de 1826, na acepción referida a "Luaces" (Tomo V) di da seguinte maneira "Esta jurisdición confina con Asturias, y pertenece a la tierra llana que llaman Valura..." (Páx.226).

Vitor Vaqueiro no seu libro Galicia Mágica (Ed. Galaxia) fala dos Valuros como "pobladores de las montañas que llaman Valuras, de donde toman su nombre, los Valuros constituyen -aunque basados en una existencia real- una tribo mítica...".

Eladio Rodríguez González chama tamén Valuro ao habitante dos montes Valuros "el que vive al pié de la antigua estación lacustre de Santa Cristina, cerca de la Sierra Valura".

Franco Grande comentando a palabra "Valuro": "Dícese de los habitantes dela Terra Chá, que también se les llama chairegos".

José Lucas Labrada en Descripción económica del Reyno de Galica do 1804 expón "La tierra de la Balura o Terra Chá, que se halla dos leguas escasas al sur de Mondoñedo...".

Amor Meilán refire o mesmo que Vicente Risco; sinala a súa zona no concello de Cospeito englobando tamén ao de Castro de Rei na parroquia de Triabá, mentres que Risco enxergaría dende Xermar ata Ribeiras de Lea e dende Castro de Rei ata a parroquia de Pino en Cospeito.

Segundo Eduardo Lence Santar a Valura comprendería o concello de Cospeito e algunhas parroquias de Castro de Rei, A Pastoriza e Abadín.

Aquilino Iglesia Alvariño fala dunha antiga Valuria que posibelmente abranguese case toda a Terra Chá.

Don Manuel Becerra Bermúdez dinos "Hijo soy de esta provincia (Lugo), de eso que vosotros llamais la Baladura de Castro de Rey de Tierra Llana" cando a Deputación Provincial en 1888 lle concede o título de fillo preclaro e predilecto de Lugo.

Por non falar, entre outros, de Ánxel Fole, Mato Vizoso, Trapero Pardo, Carré Aldao etc, etc. e incluso na cartografía do "Mapa Geográfico del Reyno de Galicia" de 1784 aparece "Tierra de la Balura", mais non aparece Terra Chá ou Tierra Llana, que cremos ser de procedencia moito máis moderna, de aí que Terra da Valura, "Valuro ou Valura", son denominacións máis antigas ca de Chairego ou "Terra Chá", pero intereses relixiosos e políticos viñeron acabar con este nome que debemos conservar.

Por todo isto e por moito máis que lles podería dicir, convídoos a que valoren a conveniencia de poñer como primeira acepción da palabra VALURO: HABITANTANTE DA TERRA VALURA OU TERRA CHÁ.

É desexo que pretende acadar o que isto escribe pensando sempre no recto proceder de Vostedes cuxas máximas son tan claras como colligit, expurgat, innovat.

A 6 de xuño do 2022
Fdo. Xosé Otero Canto


Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES