Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os traballos dos días e as horas

jueves, 08 de junio de 2023
Anos despois volvo a Outes e lembro algo do traballo realizado. Non me pararei moito, Daquela o profesorado implicábase na contorna e era un sin fin a actividade de renovación pedagóxica e cultural que se desenvolvía, dende manter unha revista ambiental (O Moucho) que recollía os traballos do alumnado dos centros dende Carnota a Noia, a posta en marcha do premio Leixaprén dos Equipos de Normalización dos centros que escolarizaban secundaria na zona, a relacións cos centros que entregaban ou recibían ao alumnado (en Infantil e Secundaria), a participación no Coastwatch e no grupo de medio ambiente da USC, o reciclado artístico de papel que dou para varias exposicións por diferentes lugares de Galicia e un longo etcétera.

Agora quero acordarme dun traballo que botei a andar sendo diretora do IES Poeta Añón. Xoán Mariño tiña recollido o patrimonio histórico-artístico de Outes, publicado pola Deputación da Coruña e que se repartira por todas as casas do concello. O Os traballos dos días e as horasentendemento entre el e o alcalde Carlos López Crespo permitiu levar o bo porto o coñecemento e divulgación do que de valor había no termo municipal e pasarlle a responsabilidade de coidalo, dalgunha maneira á cidadanía. Cando sabes o valor do que tes, debes conservalo. Era o ano 2000 e o que estaba sen inventariar era a arquitectura popular. Como cita Mariño, no limiar do seu libro (o primeiro que sae á luz cos resultados deste labor) Hórreo de Outes. 1 Os hórreos de Cando "cuantificar e coñecer tódolos bens do noso patrimonio cultural que debían ser conservados a fin de preservalos para xeracións futuras". Non se esquecía o risco do crecente deterioro pois estas construcións ao perder o uso vanse deteriorando e pervertendo con intervencións cheas de ladrillo e cemento nin tampouco da espoliación que sofren por parte de desalmados que converten o público en privado.

En base a isto, involucrouse ao alumnado de ESO na observación e recollida de información de muíños, lavadoiros, pombais, reloxos de sol, hórreos e fontes. De forma voluntaria, máis de cen adolescentes cubriron as fichas dos elementos do patrimonio arquitectónico popular. Estaban distribuídos por aldeas e lugares, coordinados por un ou unha delas e despois de asistir á charla que o especialista e eu mesma lle demos ao respecto, distribuíuse a documentación, resolvéronse as dúbidas e botamos a andar. Tardouse moito en pasar ao papel o resultado pois despois do traballo da rapazada quedaba por facer o das visitas a cada un dos lugares e a revisión acompañada de fotografías... de ser hoxe, sería o alumnado quen podía ter feito case toda a recompilación pois non faltan os móbiles con boas cámaras.

Un traballo de ida e volta no que a min me interesaba, sobre todo, a experiencia de cada alumno/a, ao facerse cargo do seu patrimonio, ao rexistralo e coñecer o seu valor para poder defendelo. Pensaba eu, e quero seguir pensando, que unha vez conscientes non permitirían que fora destruído, nin vendido para formar parte do xardín dun chalet nin transformado en feísmo.

O labor de voluntariado ten estes resultados. Tiñámolo constatado moitas veces, por algo nos institutos de Noia o noso alumnado considerábase o máis colaborador, dicían en plan broma: "sempre teñen a man alzada para traballar nalgunha iniciativa". Se lles ensinabamos iso, xa non era pouco.

Agora que empezan a saír estes libros, sentimos que non sexa máis rápido o proceso, incluso que non se faga en dixital (se iso o axiliza) porque -como sempre- as persoas que participan nunha investigación precisan recoller o que sementaron, velo en tempo e hora.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES