Ilusión
Editorial - lunes, 19 de enero de 2009
Días pasados, José Luis Sampedro ó ser entrevistado por J.R.Lucas na TVE1 pintou un escuro panorama económico e social, augurando a crise do sistema e non só da economía.
O Vicepresidente económico do goberno español xa recoñece que este ano vai ser tremendamente difícil, o próximo aspirarase á estabilidade e no seguinte poderase comezar a ver a luz.
E así todo. Baixa a bolsa, o mercado non responde á baixa dos tipos de interese, os bancos e Caxias non abren a espira dos cretos, as empresas seguen cos seus problemas cotiáns, e as mellores noticias son as que falan de que baixan os precios porque hai menos consumo, e ata hai menos contaminación porque a actividade empresarial é menor.
E mentras tanto hai que vivir a diario, hai que resistir e confiar, hai que traballar e medrar, hai que potenciar as nosas actividades.
¿Non hai ninguén que nos anime?. Precisamos un lider no que confiemos, que nos diga que imos ben, que sigamos así, que o futuro é noso, que todo o que estamos a sufrir terá unha excelente compensación nun futuro máis ou menos inmediato.
Fáltanos ilusión, agora mesmo, no noso contorno inmediato. E a que pretenden subministrarnos chéganos de tal maneira mediatizada, devaluada, que non é de fiar.
É o problema deste tempo e desta terra: Que necesitamos alguén que nos ilusione. Que nos anime a traballar. Que nos deixe traballar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora