Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O galego na escola

viernes, 16 de enero de 2009
Sabemos que a “longa noite de pedra” que o idioma galego sufríu tivo dous sectores onde a lungua se mantivo viva e foron fermentos para a súa asunción moderna por parte do pobo galego. Foron o campo e o mar, xa que campesinos e mariñeiros seguiron a empregar o galego a cotío, en tanto nas cidades e vilas o castelán era signo de distinción e lingua de xente culta.

Pero houbo un terceiro sector, incorporado máis tarde pero de xeito dedicido, que significou o renacer do prestixio do idioma. A universidade, os intelectuais, os escritores, a xente da cultura, retomaron o galego e ofrecérono á sociedade galega como lingua de noso.

Pois estamos xa nun ciclo diferente, no que o idioma é habitual no ensino e na administración, pero esa habitualidade –case obriga legal- parece non sentarlle ben ó galego.

Un traballo do observatorio da lingua galega indica que no ano que rematou, o uso do galego vai diminuíndo segundo aumenta o nivel formativo. En canto ós alumnos, na educación infantil a porcentaxe de utilización está no 56%, en primaria e segundaria no 63 e 57%, no Bacharelato o 52, en ciclos formativos o 50, mentras que na Universidade baixa ó 28%. En canto ós profesores, en infantil falan galego o 70%, o 76 en primaria, o 67 en secundaria, o 68 en bacharelato, o 58 en ciclos formativos e o 24 na Universidade.

Mala sorpresa esta cando considerábamos que a Universidade, que foi un motor de impulsión do idioma, seguía a ser lugar onde utilizalo e de contacto con el por parte dos futuros profesionais.

Non é así, e algo haberá que facer ó respecto porque o que non resulta lóxico é que o achegamento inicial vaia indo a menos cando o máis difícil podería ser o achegamento inicial, os primeiros contactos.

Parece vivirse a situación contraria ós anos sesenta e setenta: Ó idioma, lengua de cultura e de posicionamento político e social, séntalle mal o apoio institucional e conséguese o contrario do que se pretende. Algún mecanismo funciona no sistema que se nos escapa, pero os especialistas na materia sen dúbida que saberán analisalo e poñerlle remedio.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania