Unha vida sen fume(s)
Santalla, Iago - miércoles, 31 de mayo de 2023
Hoxe é o día mundial sen tabaco. Celébrase dende 1987 e, dende aquela, é abraiante todo o que se evolucionou: a súa omnipresencia tornouse marxinalidade. Lembremos que chegou a estar presente, incluso, nas consultas médicas. Eu recordo sendo neno docentes fumando e como, nos 80 e 90, era unha costume aceptada e ben vista.
Cando saíu a lei do 2005 estiven en contra porque cría que era algo discriminatorio que coutaba a liberdade individual. Equivoqueime e hoxe aplaudo con forza unha lei que salva vidas e incrementa, tamén, a calidade de vida ao desterrar o fume dos espazos públicos.
Hoxe convén celebrar a posibilidade dunha vida sen fumes. Celebrar que camiñamos cara ela e que, se cadra, podemos conseguir que as futuras xeracións valoren, por riba de todo, a propia saúde.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora